Artigos coa etiqueta: igualdade de xénero

“Ghairuamos” de mulleres científicas

Hoxe celébrase o D̳í̳a̳ ̳I̳n̳t̳e̳r̳n̳a̳c̳i̳o̳n̳a̳l̳ ̳d̳a̳ ̳M̳u̳l̳l̳e̳r̳ ̳e̳ ̳d̳a̳ ̳n̳e̳n̳a̳ ̳n̳a̳ ̳C̳i̳e̳n̳c̳i̳a̳ co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas , e tamén para lograr a igualdade de xénero. e o empoderamento de mulleres e nenas. Este día recorda que as mulleres e as nenas xogan un papel fundamental nas comunidades científicas e tecnolóxicas e que a súa participación debe fortalecerse.

Por iso imos adicar esta entrada á ciencia e todas esas grandes mulleres que abriron o camiño e demostraron tanto a nenas como a nenos unha forma especial de ollar o mundo a través da lente microscopio, dende a inmensiade do espacio ou da profundidade do océano. Pero, en especial a esas nenas que queren ser enxeñeiras, científicas, investigadoras, matemáticas, físicas, biólogas,…

Ramona Órbitas é labrega, pero tamén é unha tola das ciencias, resolve ecuacións, ten unha memoria matemática incrible, e o que é mellor, fai uns inventos extraordinarios. Hoxe, neste día tan especial, quere facernos unha recomendación literaria: “𝔾𝔸𝕃𝔼𝔾𝔸𝕊 ℕ𝔸 ℂ𝕀𝔼ℕℂ𝕀𝔸”

Nesta lectura poderedes coñecer a Ángela Ruiz, Isabel Zendal, e tantas outras que xa recordamos polas nosas redes en moitas ocasións, tamén como propostas do Calendario Científico Escolar. Nesta edición de 𝓑𝓮𝓵𝓪𝓰𝓾𝓪 ademais únense cunhas ilustracións ben fermosas de María Lapido que case o convirten en pura obra de arte.

Reinvidiquemos as nosas científicas!!

Fonte: http://www.pakolas.com

Categorías: Ghaiuramos de Ciencias | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.