Artigos coa etiqueta: exposición

Saboreando o Outono

Como remate do traballo ” Saboreando o outono”, (traballo proposto polo Equipo de Biblioteca e o de Normalización) realizado ao longo destas últimas semanas, organizamos unha sesión de degustación dos froitos do Outono sobre os que se realizou o proxecto de investigación. Houbo pasteis de cabaza,, mazà,noces, marmelo con queixo, compota de mazà, pan de figos e millo ,noces, pipas de cabaza, uvas, granada….Menuda enchenta!!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A exposición dos traballos realizados nas aulas estará exposta durante esta semana no salón de actos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Advertisements
Categorías: Saboreando o Outono | Etiquetas: ,,,,,,, | Deixar un comentario

Todo un éxito

Hoxe gozamos dunha tarde moi especial gracias a presencia dos pais e nais que quixeron compartir conosco unha xornada de portas abertas na que puideron disfrutar dos traballos que os rapaces e rapazas do noso centro realizaron para a PDI proposta pola nosa Biblioteca. Agradecer a todos os mestres e mestras que con tanta ilusión prepararon a exposición e as familias polo esforzo  que fixeron para vir. Esperamos que disfrutarades tanto como nós fixemos realizando estes traballos.

Mostra da PDI sobre os oficios tradicionais from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Categorías: Os oficios | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Xornada de portas abertas

Como peche do Proxecto Documental Integrado sobre os oficios tradicionais proposto pola Biblioteca, mañá luns 10 de xuño, terá lugar unha xornada de portas abertas a que estades todos invitados. A cita dará comezo ás 15:30 h. no salón de actos do colexio coa proxección e exposixión dos traballos realizados polos nenos durante este curso.

Agradecer de antemán a vosa asistencia e felicitar a todos os mestres polo seu esforzo na preparación desta xornada e pola calidade dos traballos realizados.pergaminoAdemais, expoñeremos os libros colaborativos realizados polos rapaces do colexio para o Proxecto Colaborativo  Libro Virtual Gloria Fuertes no que participamos activamente durante este curso seguindo o camiño iniciado o ano pasado coa participación dos alumnos de 6º e 4º de Primaaria no Proxecto Colaborativo Libro Virtual Federico García Lorca .

69949eee2c7d

Categorías: Os oficios | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Estampas da memoria

O salón de actos do colexio converteuse durante unhas semanas nunha pequena galería fotográfica . Gracias á aportación de todas as familias, así como do fondo fotográfico co que conta o noso centro, montamos unha exposición que trata de recoller a vida no noso concello nos últimos 50 anos.

Categorías: Estampas da memoria, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.