Artigos coa etiqueta: Equipo Biblioteca

Homenaxe a Rosalía

Este venres 28 quixemos adicar parte do noso tempo a unha das máis insignes figuras da nosa literatura, Rosalía de Castro. Nesta ocasión fixemos partícipes desta homenaxe a membros da nosa comunidade educativa, que aínda que parece que non, son parte fundamental da nosa escola.
Hoxe imos comezar dándolle as grazas a un dos nosos conductores, Alberto e a unha das coidadoras do autobús, Lola,que sen pensalo moito, accederon a axudarnos a contar a historía dunha nena que fixo rexurdir a nosa lingua e a nosa literatura coas súas verbas.

Categorías: 24 Febreiro:Rosalía de Castro | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

25 N : Moito que cambiar, moito que aprender

Desexaríamos que o 25 de novembro fora recordado por algo que nos fixera sentir orgullos@s de nós como seres humanos, como seres racionais que valoran aos demáis polo que son, polas súas cualidades, polo seu potencial, polo que fai que cada un de nós sexamos únicos e especiais; polo que nos dignifica; polo que sabemos apreciar dos demáis sen importarnos o seu xénero, raza ou condición. Por desgracia non é así.
Desexaríamos non ter que derramar máis bágoas polas que non están, pol@s que sofren en silencio posto que esta lacra non afecta soamente ás mulleres e as nenas senón ás familias e á sociedade en xeral. Pero por desgracia é así.
Onte escoitaba que se algo é xeral e non anecdótico é que é un síntoma de que algo vai mal.E algo vai mal neste mundo se seguimos a conmemorar todos os anos esta data.
A solución non é doada pero se algo temos claro é que ten que estar sustentada nunha base firme e sólida: A EDUCACIÓN.
Tratar estes temas nos centros educativos, sobre todo e Primaria e Infantil, non é sinxelo posto que os conceptos e a terminoloxía, os datos e as consecuencias destas actitudes non é algo para o que os nenos e nenas estén preparados.Pero traballar a empatía; ser quen de poñernos nos zapatos dos demais; aprender a resolver conflitos; a coñecer as súas emocións e como expresalas; aprender que se queremos que nos respecten temos que respectar; que non hai ninguén mellor ou peor que outro se non que cada un ten as súas cualidades e potencialidades; eso si que é fundamental posto que esa é a base sólida onde debe asentarse unha sociedade como tal.
Os nenos e nenas nos seus primeiros anos nos fan diferencia entre sexos nos seus xogos ou nas súas amizades; nos teñen conflictos cos seus compañeiros por ser nenos ou nenas se non porque aínda non contan cos mecanismos necesarios para xestionar as súas emocións ou para resover situacións que non son capaces de solucionar. Por iso traballar a educación emocional nas escolas é fundamental.
Este ano, dende o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización queremos seguir afondando neste traballo, non porque haxa que conmemorar mañá o Día contra a Violencia de Xénero senón porque queremos que forme parte do noso traballo diario. Non imos tratar o tema da Violencia de Xénero en sí xa que o que pretendemos é que os nos@s nen@s aprendan que cando camiñamos da mán de alguén pola vida, cando temos un amigo ou unha amiga temos que aprender a respectar os seus momentos da mesma forma que a nós nos gustaría que nos respectaran os nosos momentos. Que ser amig@ non é ter un dereito de exclusividade sobre a outra persoa; que deixarlles facer nun momento algo sen nós non quere dicir que nos deixe de querer ou que nos ignore; que temos que entender que non lle podemos obligar a facer o que non queren ou o que nos queremos e que , do mesmo xeito, tampoco debemos permitir que nolo fagan a nós. Para que alguén  queira estar con nós só temos que deixar que queira estar con nós. Ás veces, só fai falta aprender unha lección moi sinxela: RESPECTO.

Se únicamente fósemos quen de facer o que fan este neno e este can, de respectar espazos para que poidan volver a nós e poder seguir o camiño xuntos seguro que parte do problema comezaría a solucionarse.

Categorías: Novas de interese | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

Palabras para construir a PAZ

Gloria Fuertes ensinounos que só necesitamos tres letras para formar a palabra PAZ. Pero….

Cantas palabras son necesarias para construir a PAZ?

Con este obxetivo, decidimos elaborar o noso ABECEDARIO INTERNACIONAL DA PAZ con todas aquelas palabras (en galego, castelán, inglés,….) que criamos  necesarias para que a PAZ poida reinar no noso planeta, no noso país, na nosa cidade, no noso cole, nas nosas casas e nos nosos corazóns.

Tanto no salón de actos do centro coma na biblioteca, deixamos unhas siluetas de pombas para que o que quixera puidera escribir a súa palabra. Outros decidiron debuxar a contorna da man en vez da pomba. Os recreos desta semana pasaron voando pois rápidamente todos nos puxemos mans a obra. E incluso os máis cativos, axudados polos maiores, escribiron a súa palabra ou deixáronnos fermosos debuxos.

E como nos recordaron a profe Patricia e os seus rapaces, non esquezades que…

fin

Categorías: Día da Paz | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.