Artigos coa etiqueta: Entroidio

Xoves de Comadres

O

Entroido_2013O Entroido é celebrado en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, algúns pensan que vén da tradición celta, outros afirman cós comezos desta festa, pódense atopar na adoración a Baco ou Dionisos.

Coa chegada do cristianismo, moitas das festas pagás, que eran antigamente celebradas foron tomadas e cristianizadas. Deste xeito, esta celebración que tiña posiblemente o seu significado na despedida dos longos e duros días do inverno, mesturouse coa despedida da carne antes do período de abstinencia da Coresma que comeza no día mércores de Cinza (é dicir “corenta días antes do domingo de Ramos).

En Galicia o Entroido celébrase dende sempre. Existen manifestacións dunha moi fonda tradición e que aínda perduran hoxe, especialmente na provincia de Ourense, e nalgunhas partes de Lugo, mesturando esas tradicións ancestrais con outros elementos máis novos.

pantallaAdemais dos Cigarróns en Verín, as Pantallas en Xinzo, os Xenerais do Ulla ou os Peliqueiros en Laza, hai outros períodos de esmorga durante o Entroido,como o Xoves de Comadres e de Compadres, que fan desta festividade algo único en Galicia.

Xoves de Compadres: Neste día realízase unha tradicional pelexa entre sexos. As mozas fabrican un boneco ou varios bonecos que representan os homes e tentan queimalo, mentres os mozos loitan por llo roubar.

Xoves de Comadres: Ó revés do de Compadres, son os homes os que fan un ou varios bonecos con feitura de muller e son estas quen loitan por llelo sacar.

A esmorga xa comezou no cole da man do Equipo de Actividades Extraescolares cun Xoves de Comadres!!!!!!!!

 

animoto 360p from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Categorías: Entroido | Etiquetas: | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.