Artigos coa etiqueta: Día de Rosalía

Un repoludo “churumbeleiro”

O gaiteiro, óleo de Luis Seoane

A “*churumbela”, instrumentos do pobo galego por excelencia, aparece presente nos poetas galegos dende fai 200 anos.Teñen cantando a gaita poetas como García Lorca, así como algúns dos poetas máis imprtantes de Galicia: Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Celso Emilio Ferreiro e, por suposto, Rosalía de Castro.

Rosalía publicou por vez primeira un poema en galego en Santiago no número 4 do Eco Escolar. Revista semanal compostelá, científica, literaria e de intereses xerais, editada na cidade o xoves 22 de xaneiro de 1863. Esa composición titulábase naquela primeira versión O gaiteiro. Incluíuse pouco despois na primeira edición de Cantares gallegos, ese mesmo ano: desde entón coñécese como Un repoludo gaiteiro, o seu primeiro verso, ao saír sen título no libro. Segundo Lydia Fontoira Surís, profesora da Facultade de Filoloxía da USC, nesta composición condénsase «a graza e expresividade rosaliana para transmitirnos vivencias do seu pobo».(Fonte:La Voz de Galicia, 9/12/2021).

Os alumnos e alumnas de Infantil, da man da mestra Vanessa, escolleron este primeiro poema de Rosalía para que, así como a voz da gaita das alboradas que os “**churumbeleiros”tocan para espertar aos veciños nos días de festa, os seus versos esperten a conciencia da “toleirona mocidád”, neste caso, advertindo ás mulleres do perigo dos “malos amores”.

“*churumbela”:gaita

“**churumbeleiros”: gaiteiros

Categorías: 24 Febreiro:Rosalía de Castro | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Rosalía: a primeira feminista galega

“Jamás ha dominado en mi alma la esperanza de la gloria, ni he soñado nunca con laureles que oprimiesen mi frente. Sólo cantos de independencia y libertad han balbucido mis labios, aunque alrededor hubiese sentido, desde la cuna ya, el ruido de las cadenas que debían aprisionarme para siempre, porque el patrimonio de la mujer son los grillos de la esclavitud. Yo, sin embargo, soy libre, libre como los pájaros, como las brisas; como los árabes en el desierto y el pirata en el mar”.(“Lieders” artigo de Rosalía de Castro, 1858)

Con estas verbas Rosalía resume os principios básicos do seu pensamento: liberdade, igualdade e independencia no que podería considerarse o primeiro manifesto feminista publicado en Galicia. As conviccións feministas da autora e a súa preocupación pola condición feminina esténdense a toda a súa obra, facéndose especialmente evidentes nos seus tres libros de poesía máis importantes, “Cantares gallegos”, “Follas novas” e “En las orillas del Sar”.

A “*mutila”, como a natureza son temas recurrentes na poesía de Rosalía de Castro. Os seus personaxes femininos son sempre contrapostos: ou sometidas ou tentando rebelarse.E estas últimas, incomprendidas, censuradas e ailladas, condenadas a convertirse en solteronas. Pero sempre mulleres “*acalmadora”, leais e fortes.

Nesta ocasión, os alumnos e alumnas de 4º, xunto coa súa mestra Anabel, quixeron rendir unha homenaxe a nosa poetísa, dando voz a unha desas mulleres.

“*mutila”: muller

“*acalmadora”: loitadora

Categorías: 24 Febreiro:Rosalía de Castro, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

Rosalía, poeta dos emigrantes

“Primeiro pérdense costumes, xeitos de vida do país de orixe. Pérdese a alegría. Rematando, as máis das veces, por perdelo todo. É coma cando se arrinca unha árbore e se deixa coas raiceiras encoiro, sen terra”.(Memorias dun neno labrego. Xosé Neiras Vilas, 1961)

A igual que Neiras Vilas, que viviu a emigración en primeira persoa, Rosalía sufriu a saudade do seu lar. Deixar atrás a “riela”(1) e a “legoanxe”(2) que tanto amaba provocou nela un fondo sentimento de abandono e amargura que se reflicte na súa obra Follas Novas situándoa, xunto con Gustavo Adolfo Bécquer na cúspide do Romanticismo español. Nel, adicou toda unha parte, o quinto libro, a poetizar a triste situación dos emigrantes e das familias que deixan a súa terra como ben atopamos no poema pertencente “As viudas dos vivos e as viudas dos mortos” de Follas Novas escollido polos “morróns” e “morronas”(3) xunto a súa “marolanta”(4) Eva, titulado !Pra a Habana!

Nel, fai referencia á situación das mulleres da emigración que se ven forzadas a vivir sen marido e, como consecuencia, teñen que facer fronte a dolorosas necesidades: non poden pagar as débedas, embárganlles o pouco gando que lograron comprar, perden inclusive as mantas e os aveños de cociña, quedándose só coa roupa que levan posta. Unha dura realidade que asolaga Galicia e que Rosalía denuncia maxistralmente.

(1) Riela: terra

(2)Legoanxe: xente

(3)Morrón/morrona: neno/nena

(4) Marrolanta: mestra

Categorías: 24 Febreiro:Rosalía de Castro, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Herbolario rosaliano

A Rosalía fascinábanlle a natureza e como reflicten estes versos, a súa obra poética está chea, particularmente, de “*floremes” e plantas.Rosas, plantas e especies comestibles, árbores, herbas do camposanto ou herbas do campo florido, flores humildes que tanto gustaban aos Románticos, enchen os versos da nosa poetisa.

«Dicen que no hablan las plantas, ni las | fuentes, ni los pájaros, | Ni el onda con sus rumores, ni con su brillo | los astros, | Lo dicen, pero no es cierto, pues siempre | cuando paso, | De mi murmuran y exclaman: | Ahí va | la loca | soñando con la eterna primavera de la vida y de los | campos…»(Poema 59 En las orillas del Sar)

Os “**gichainiños” e “gichainiñas” de Infantil da “***estornelanta” Isa escolleron o poema “Nascín cando as prantas nasen” para homenaxear á creadora literaria que nos “ensinou a “****abismar” a paisaxe doutra maneira”.

*Floremes: flores

**Gichainiños/gichainiñas: nenos/nenas

***Estornelanta: mestra

****Abismar: mirar

Categorías: 24 Febreiro:Rosalía de Castro, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Día de Rosalía 2023

O Día de Rosalía estase a convertir nunha das datas máis sinaladas do calendario cultural galego, sendo cada vez máis celebrada nos centros educativos . Ata o de agora, dado que non se coñecía o día exacto do nacemento da poeta, víñase celebrando o 24 de febreiro, día en que a nosa Rosalía recibira o seu bautismo. Pero, trala aparición de nova documentación que desvela a data real de nacemento da autora de Follas Novas e Cantares Gallegos , esta efeméride adiantouse un día, ao 23 de febreiro. Grazas a investigadorae filóloga galega Sagrario Abelleira quen, ademais de descubrir a documentación que acredita a data real de nacemento, somos coñecedores de datos inéditos sobre a vida da nosa autora máis recoñecida e da do seu home, Manuel Murguía.

Como dato curioso comentar que dita documentación atopouse no expediente matrimonial de Rosalía de Castro e Manuel Murguía. Ambos casaron en Madrid no ano 1858 e entre os papeis desa ligazón figura unha declaración de 1843 feita pola nai de Rosalía na que indica que a autora naceu o 23 de febreiro.

Ainda que as actividades do Entroido ocuparon gran parte do noso tempo, non acapararon todo o tempo nin as nosas enerxías. Durante o mes de febreiro, cada aula escolleu e memorizou un poema de Rosalía de Castro para homenaxeala no seu día. Así que volvemos ás aulas con gañas de compartir o noso traballo.E que mellor maneira de facelo que recitando fermosos poemas de Rosalía. 

A nosa proposta non só queda no colexio senón que queremos compartila co toda a comunidade educativa. Pensando, pensando…decidimos gravar os nosos recitados e asociar cada un deles a un código QR.

Con todos eles creamos unha infografía que distribuiremos por todos os locais do Concello de Forcarei. Así, cando visitedes os establecementos poderedes consultar os poemas escollidos para este curso polo noso alumnado e gozar deles tanto coma nós.

A idea é facer visible o traballo da oralidade por parte do centro, divulgar a obra de Rosalía de Castro e contaxiar á comunidade escolar o gusto pola poesía.

Categorías: 24 Febreiro:Rosalía de Castro, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Día de Rosalía 2020

Rosalía é unhas das mellores poetisas da nosa literatura, creadora de fermosos poemas como Cantarte hei, Galicia. Nesta ocasión, os nenos e nenas de 1º de primaria e infantil B quixeron contar coas familias para musicar e ilustrar este texto recollido na obra Cantares Gallegos.

Categorías: 24 Febreiro:Rosalía de Castro | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Homenaxe a Rosalía

Este venres 28 quixemos adicar parte do noso tempo a unha das máis insignes figuras da nosa literatura, Rosalía de Castro. Nesta ocasión fixemos partícipes desta homenaxe a membros da nosa comunidade educativa, que aínda que parece que non, son parte fundamental da nosa escola.
Hoxe imos comezar dándolle as grazas a un dos nosos conductores, Alberto e a unha das coidadoras do autobús, Lola,que sen pensalo moito, accederon a axudarnos a contar a historía dunha nena que fixo rexurdir a nosa lingua e a nosa literatura coas súas verbas.

Categorías: 24 Febreiro:Rosalía de Castro | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.