Artigos coa etiqueta: Día das Letras Galegas

Letras Galegas 2016

O pasado xoves celebramos no colexio a nosa particular homenaxe a Manuel María, autor ao que se adica este ano o Día das Letras Galegas. Poemas, cancións e bailes encheron o salón de actos. Aqui vos deixamos unha pequenaq mostra do que son capaces os nosos cativos. Gracias polas vosas fotos coas que puidemos montar esta composición.

Galicia é unha nai

velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento……
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!

 

Categorías: Letras Galegas 2016 | Etiquetas: , | Deixar un comentario

A nosa lingua, o noso tesouro

Ao redor deste lema xirou a actividade, que xunto co Equipo de Biblioteca, propuxemos para festexar o día grande da nosa lingua. A idea era que cada rapaz escollera unha palabra en galego para compor entre todos un gran mural que decorara as escaleiras do noso centro. O criterio para escoller cada quen a súa palabra veu suxerido pola mascota da nosa biblioteca. Podía ser a palabra que máis nos gustara; a máis longa ou a máis curta; a que máis nos custara aprender; podíamos traballar cos campos semánticos que cada curso estivera a traballar nese momento na clase( tempo metereolóxico, froitas, accidentes xeográficos, animais,…). Quedou estupendo e, ademais, aprendemos unha morea de palabras interesantes! E por se alguén non coñecía o significado dalgunha, deixamos uns “xeradores de palabras” para axudarnos a descubrir o seu significado. Houbo moitas sorpresas con algunhas!

Ademais, para celebrar o Día das Letras Galegas, fixemos unha escolma de recursos creados por outros centros (este ano  había moitos e moi bos) para coñecer un pouco máis sobre a vida e obra de Xosé María Díaz Castro e rematamos cantando o noso himno que preparou o profe Toño na clase de Música.

DSC_0920

 

Categorías: Letras Galega 2014 | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

XII Festa Etnográfica Raigame

Día das Letras Galegas, 17 de Maio de 2013

Dende o inicio da xornada, as rúas e prazas de Vilanova dos Infantes, na vila de Celanova, provincia de Ourense, convértense nun bulideiro de actividades, que teñen como principal obxectivo a exaltación das nosas tradicións: música e baile, oficios tradicionais, monicreques e saltimbanquis, xogos populares e exposicións etnolóxicas, e fan que por un día, a cultura tradicional do noso país reviva e se converta no centro de atención dun público de todas as idades.

Categorías: Letras Galegas 2013 | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.