Aínda que con certo retraso, aquí vos deixamos a nosa versión da canción de Uxía Lambona e a Vaca Molona que empregamos de banda sonora da nosa celebración do Día da Paz.
Temos que coidar aos nosos pequenos grandes superheroes e super heroínas…nas súas mans está mellorar o mundo e nas nosas deixarlles un bo futuro.
Artigos coa etiqueta: Día da Paz
Imos de festa!!!!!
Choiva de desexos
O pasado xoves celebramos o Día Escolar da Non-Violencia e a Paz coa visualización de varios videos, cancións e contos sobre a temática desta celebración.
Dende o cole, tanto nen@s como mestr@s, queremos comprometernos a rachar coa cadea da violencia da que, ás veces formamos parte, con pequenas accións que axuden a que os rotros dos nosos compañeiros, dos nosos familiares e amigos se iluminen cun pequeno sorriso que nos faga algo mellores cada día.
Para comezar, provocamos unha choiva de desexos, unha forte treboada de concordia, amizade, tranquilidade, ledicia…que de seguro, xa comezou a empapar aos que están máis preto de nós. Úneste???
E se chove….que chova!!!!!
Día da Paz 2019
” Hoxe, día escolar da non violencia e a Paz, dende o colexio queremos unir as nosas voces e pedir PAZ”. Así comezaba o manifesto que leron os alumnos e as alumnas de 5º e 6º durante esta mañá.
A maiores o alumnado de Educación Infantil compuxo unha frase de Teresa de Calcuta (” A veces sentimos que lo que hacemos estan solo una gota en el mar, pero el ar sería menos si le faltara una gota”) e, xa para rematar, cantamos ao ritmo de Macaco, “Mensajes del auga”
Lecturas pola Paz
Hoxe comezamos os festexos arredor da Paz. Nesta ocasión as lecturas dos alumnos e alumnas de 3º e 5º dan o pistoletazo de saída.
Día da Paz 2018
Baixo o lema “Quérote máis” enchemos o colexio de globos, cores, pombas e mensaxes de amor e de respecto, tan importante hoxe en día.
Grazas a todos os mestres e os cativos e cativas pola súa disposición na realización das tarefas que se lle propoñen.
Quérote máis!
INTRES DE PAZ
O noso blogue faise eco da proposta que, co gallo do Día da Paz, a nosa biblioteca lanzou a través das redes sociais. Aqui vos deixamos o resultado desta colaboración coa comunidade educativa do noso centro.Gracias a tod@s por participar. Clicade na imaxe para ver o video.
Celebración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz
Aínda que cun día de retraso (pois o 30 de xaneiro non estaban no centro os alumnos de 3º que foran a ver unha actuación a Pontevedra)celebramos con moito entusiasmo o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.
Despois dunha pequena introducción na que Uxía (3º P)nos explicou o por que desta celebración, demos paso a unha serie de pequenas actuacións que prepararon os alumnos de 4 e 5 anos e 3º de Primaria. Ademais, dende a aula de inglés, os alumnos de 4º cantaron a canción de Louis Armstrong titulada “What a wonderful world” e rematamos todos cantando unidos unha canción preparada polo profe de música.
Pero isto non foi todo!!!Tamén firmamos pola Paz nas pombas que fixera a profe de Relixión cos rapaces de 1º e 2º de Primaria.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo deste día.
Palabras para construir a PAZ
Gloria Fuertes ensinounos que só necesitamos tres letras para formar a palabra PAZ. Pero….
Cantas palabras son necesarias para construir a PAZ?
Con este obxetivo, decidimos elaborar o noso ABECEDARIO INTERNACIONAL DA PAZ con todas aquelas palabras (en galego, castelán, inglés,….) que criamos necesarias para que a PAZ poida reinar no noso planeta, no noso país, na nosa cidade, no noso cole, nas nosas casas e nos nosos corazóns.
Tanto no salón de actos do centro coma na biblioteca, deixamos unhas siluetas de pombas para que o que quixera puidera escribir a súa palabra. Outros decidiron debuxar a contorna da man en vez da pomba. Os recreos desta semana pasaron voando pois rápidamente todos nos puxemos mans a obra. E incluso os máis cativos, axudados polos maiores, escribiron a súa palabra ou deixáronnos fermosos debuxos.
E como nos recordaron a profe Patricia e os seus rapaces, non esquezades que…
Lecturas para a Paz
Durante estes días os rapaces do centro poden gozar dunha escolma de libros como anticipo da Semana da Paz que está a organizar a Biblioteca e o Equipo de Normalización do 3 ao 6 de Febreiro.Esperamos que este segundo ciclo temático que abordamos neste curso como proposta de ámbolos dous equipos teña o mesmo éxito que o primeiro.
Aquí vos deixamos algunhas destas recomendacións.