Artigos coa etiqueta: Curso 22-23

Rosalía: a primeira feminista galega

“Jamás ha dominado en mi alma la esperanza de la gloria, ni he soñado nunca con laureles que oprimiesen mi frente. Sólo cantos de independencia y libertad han balbucido mis labios, aunque alrededor hubiese sentido, desde la cuna ya, el ruido de las cadenas que debían aprisionarme para siempre, porque el patrimonio de la mujer son los grillos de la esclavitud. Yo, sin embargo, soy libre, libre como los pájaros, como las brisas; como los árabes en el desierto y el pirata en el mar”.(“Lieders” artigo de Rosalía de Castro, 1858)

Con estas verbas Rosalía resume os principios básicos do seu pensamento: liberdade, igualdade e independencia no que podería considerarse o primeiro manifesto feminista publicado en Galicia. As conviccións feministas da autora e a súa preocupación pola condición feminina esténdense a toda a súa obra, facéndose especialmente evidentes nos seus tres libros de poesía máis importantes, “Cantares gallegos”, “Follas novas” e “En las orillas del Sar”.

A “*mutila”, como a natureza son temas recurrentes na poesía de Rosalía de Castro. Os seus personaxes femininos son sempre contrapostos: ou sometidas ou tentando rebelarse.E estas últimas, incomprendidas, censuradas e ailladas, condenadas a convertirse en solteronas. Pero sempre mulleres “*acalmadora”, leais e fortes.

Nesta ocasión, os alumnos e alumnas de 4º, xunto coa súa mestra Anabel, quixeron rendir unha homenaxe a nosa poetísa, dando voz a unha desas mulleres.

“*mutila”: muller

“*acalmadora”: loitadora

Categorías: 24 Febreiro:Rosalía de Castro, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

Rosalía, poeta dos emigrantes

“Primeiro pérdense costumes, xeitos de vida do país de orixe. Pérdese a alegría. Rematando, as máis das veces, por perdelo todo. É coma cando se arrinca unha árbore e se deixa coas raiceiras encoiro, sen terra”.(Memorias dun neno labrego. Xosé Neiras Vilas, 1961)

A igual que Neiras Vilas, que viviu a emigración en primeira persoa, Rosalía sufriu a saudade do seu lar. Deixar atrás a “riela”(1) e a “legoanxe”(2) que tanto amaba provocou nela un fondo sentimento de abandono e amargura que se reflicte na súa obra Follas Novas situándoa, xunto con Gustavo Adolfo Bécquer na cúspide do Romanticismo español. Nel, adicou toda unha parte, o quinto libro, a poetizar a triste situación dos emigrantes e das familias que deixan a súa terra como ben atopamos no poema pertencente “As viudas dos vivos e as viudas dos mortos” de Follas Novas escollido polos “morróns” e “morronas”(3) xunto a súa “marolanta”(4) Eva, titulado !Pra a Habana!

Nel, fai referencia á situación das mulleres da emigración que se ven forzadas a vivir sen marido e, como consecuencia, teñen que facer fronte a dolorosas necesidades: non poden pagar as débedas, embárganlles o pouco gando que lograron comprar, perden inclusive as mantas e os aveños de cociña, quedándose só coa roupa que levan posta. Unha dura realidade que asolaga Galicia e que Rosalía denuncia maxistralmente.

(1) Riela: terra

(2)Legoanxe: xente

(3)Morrón/morrona: neno/nena

(4) Marrolanta: mestra

Categorías: 24 Febreiro:Rosalía de Castro, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Musicando a Rosalía

Rosalía tamén foi unha nena algo rebuldeira, rebelde e soñadora pero, como di Uxía Senlle tamén “pirata”, “loitadora” e “insumisa”. Como vos imaxidades vos a Rosalía pequeniña?

Grazas ao traballo de Uxía, da man do director da Editorial Galaxia, Víctor Freixanes,e coa colaboración da ilustradora, Mariña Seoane; da prologuista, Begoña Caamaño; e do músico Magín Blanco, podemos acercar e dar a coñecer a figura e os poemas da nosa maior poetísa aos máis cativos a través da música.

Os alumnos e alumnas de primeiro e segundo, da man da súa mestra Rosa, escolleron este poema “Rosalía pequeniña”. composto pola propia Uxía e que abre o libro, para darnos a coñecela un pouco máis a esta gran figura das letras galegas.

Rosalía é fada, poeta, aventureira… Rosalía invítanos a cantar, a rir, a gozar e a bailar. Acompáñasnos?

Categorías: 24 Febreiro:Rosalía de Castro, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Día de Rosalía 2023

O Día de Rosalía estase a convertir nunha das datas máis sinaladas do calendario cultural galego, sendo cada vez máis celebrada nos centros educativos . Ata o de agora, dado que non se coñecía o día exacto do nacemento da poeta, víñase celebrando o 24 de febreiro, día en que a nosa Rosalía recibira o seu bautismo. Pero, trala aparición de nova documentación que desvela a data real de nacemento da autora de Follas Novas e Cantares Gallegos , esta efeméride adiantouse un día, ao 23 de febreiro. Grazas a investigadorae filóloga galega Sagrario Abelleira quen, ademais de descubrir a documentación que acredita a data real de nacemento, somos coñecedores de datos inéditos sobre a vida da nosa autora máis recoñecida e da do seu home, Manuel Murguía.

Como dato curioso comentar que dita documentación atopouse no expediente matrimonial de Rosalía de Castro e Manuel Murguía. Ambos casaron en Madrid no ano 1858 e entre os papeis desa ligazón figura unha declaración de 1843 feita pola nai de Rosalía na que indica que a autora naceu o 23 de febreiro.

Ainda que as actividades do Entroido ocuparon gran parte do noso tempo, non acapararon todo o tempo nin as nosas enerxías. Durante o mes de febreiro, cada aula escolleu e memorizou un poema de Rosalía de Castro para homenaxeala no seu día. Así que volvemos ás aulas con gañas de compartir o noso traballo.E que mellor maneira de facelo que recitando fermosos poemas de Rosalía. 

A nosa proposta non só queda no colexio senón que queremos compartila co toda a comunidade educativa. Pensando, pensando…decidimos gravar os nosos recitados e asociar cada un deles a un código QR.

Con todos eles creamos unha infografía que distribuiremos por todos os locais do Concello de Forcarei. Así, cando visitedes os establecementos poderedes consultar os poemas escollidos para este curso polo noso alumnado e gozar deles tanto coma nós.

A idea é facer visible o traballo da oralidade por parte do centro, divulgar a obra de Rosalía de Castro e contaxiar á comunidade escolar o gusto pola poesía.

Categorías: 24 Febreiro:Rosalía de Castro, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

𝕯í𝖆 𝖉𝖊 𝕽𝖔𝖘𝖆𝖑í𝖆

Rosalía de Castro é unha figura fundamental para a lingua e a cultura galega. Ela publicou a primeira gran obra impresa en galego, Cantares galegos. Foi o 17 de maio de 1863. Por iso, o Día das letras galegas celébrase todos os anos nesa data. A súa obra supuxo a recuperación da conciencia galeguista. É todo un símbolo en Galicia e, por iso, no día do seu nacemento institucións, concellos, centros de ensino, centros sociais e asociacións programaron actividades para lembrar a súa figura.

Dende o centro estamos a preparar diversas actividades relacionadas coa súa figura e a súa obra, pero deixámosvos certos enlaces de interese para poder coñecer a súa vida e obra con máis profundidade.

-Repositorio en Tiching:  http://es.tiching.com/rosalia-de-castro/recursos-educativos/

-Ruleta en Educaplay: https://es.educaplay.com/recursos-educativos/8375297-rosalia_de_castro.html

-UDIS en O Portal da Lingua: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/datas-sinaladas/listado/_/contido_1049/unidades-didacticas-rosalia-para-primaria

-Na páxina do Consello da Cultura Galega:  http://consellodacultura.gal/especiais/sempre-rosalia

Categorías: 24 Febreiro:Rosalía de Castro | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.