Artigos coa etiqueta: Curso 21-22

Letras Gallufas 2022

Hoxe, venres 13 de maio, festexamos as Letras Galegas subindo ata a Praza do concello de Forcarei. Baixo o lema “Forcarei coas letras” preparamos, dende o Equipo de dinamización da lingua galega e o de biblioteca, un humilde acto no cal se pretendía dar a coñecer entre a comunidade a figura de Florencio Delgado Gurriarán. 

Para tal ocasión, contamos cos nosos axudantes de primaria, tanto para a presentación como para o recitado de distintos versos. “A Salve”, “A Caldeira”, “Cousas do outono”, “Andan os paxaros” ou “Ti cantar, cantache” foron algúns dos poemas que se leron neste acto conmemorativo, onde estivemos acompañados de todas as familias  e outros membros da comunidade que quixeron achegarse ata a Praza do concello para compartir este momento connosco. 

De agasallo levaron para as súas casas un marcapáxinas e o poema “Aí vén o maio” (adaptación musical de Nacho Hermida do CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras). 

Tampouco quixemos esquecer aos nosos maiores. Por iso, un pequeno grupo se achegou ata a residencia Virxe das Dores, para presentarlles a figura de Florencio Delgado, recitar uns versos do autor, e entregarlles  marcapáxinas elaborados por todo o alumnado do centro. 

Imaxe da web do CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES

Categorías: O máis xido dos arxinas | Etiquetas: , | Deixar un comentario

ᗪíᗩ ᗪE ᖇOᔕᗩᒪíᗩ


O pasado 17 de xaneiro a Fundación Rosalía de Castro convocou a diversas entidades culturais e educativas relacionadas co Día de Rosalía para acordar as celebracións deste aniversario e, como resultado consensuado, acordouse mudar a data de celebración do día da poetisa galega ao 23 de febreiro . Este cambio prodúcese despois de que a investigadora galega Sagrario Abelleira revelase o pasado ano nova documentación que acredita a data de nacemento real nese día, dando a coñecer ademais datos inéditos sobre a vida da nosa autora máis recoñecida e da do seu home, Manuel Murguía.

Como o día está moi próximo, e seguro que todos andamos a darlle voltas a cabeza para deseñar actividades que estean á altura de tan ilustre persoeiro das nosas letras, compartimos material que nos achega a coordinadora de EDLG.

-Díptico do Día de Rosalía e unidades didácticas para Ed. Infantil e cada un dos ciclos de Ed. Primaria. Formato PDF (Arquivo adxunto)

-Unidades didácticas para Ed. Infantil e cada un dos ciclos de Ed. Primaria. Formato Calameo.
UD. Infantil: https://es.calameo.com/read/00670476639e85dc9afc7
UD 1º ciclo EP: https://es.calameo.com/read/006704766eb12b05c836e
UD 2º ciclo EP: https://es.calameo.com/read/006704766be13afdee92e
UD 3º ciclo EP: https://es.calameo.com/read/0067047662f0e4b46eb4c

-Rosalía de Castro. Biografía. Actividades intereactivas en formato Genially:
https://view.genial.ly/5ff75e8bc217200ce77cc6d5

-Que sabes de Rosalía de Castro? O rosco de Rosalía. Actividades interactivas en formato Genially:
https://view.genial.ly/61ef0aca2dd7bf001347b1be

Categorías: 24 Febreiro:Rosalía de Castro | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

D͓̽í͓̽a͓̽ ͓̽d͓̽e͓̽ ͓̽R͓̽e͓̽i͓̽s͓̽

📅 Chegou o día máis esperado do Nadal, o día da reunión familiar, do intercambio de agasallos, da ilusión e dos desexos cumpridos….Chegou o D͓̽í͓̽a͓̽ ͓̽d͓̽e͓̽ ͓̽R͓̽e͓̽i͓̽s͓̽👑

Antes de desmontar a árbore e o belén , de gardar os adornos queremos agasallarvos cunha pequena sorpresa 🎁🎁que atopamos no noso particular Rosco de Rei; unha peza que prepararon os rapaces e rapazas de 1º e 2º de Primaria para recordarnos o porqué do Nadal.

✴✴✴Esperamos que, igual ca eles, gozásedes destas datas en familia e con saúde. Que o espíritu do Nadal vos acompañe ao longo deste ano!

Categorías: Retazos do festival de Nadal | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

CANTOS DE REIS

👑🅲🅰🅽🆃🅾🆂 🅳🅴 🆁🅴🅸🆂👑

Mais aló do escintileo das luces das rúas e do espírito consumista que nos poida posuír , os 𝓬𝓪𝓷𝓽𝓪𝓻𝓮𝓼 𝓭𝓮 𝓻𝓮𝓲𝓼 ou 𝒂𝒈𝒖𝒊𝒏𝒂𝒍𝒅𝒐𝒔 conseguen espertar en todos nós a ilusión do neno que levamos no noso interior.

Como marca a tradición, 🌟a véspera de reis os “𝐫𝐞𝐬𝐞𝐢𝐫𝐨𝐬” reúnense novamente para cantar e bailar polas rúas pedindo sempre permiso ou licenza para cantar nas casas.🏠

“De lonxe viñemos

os que aquí chegamos,

se nos dan licenza

os Reises cantamos.

Os Reises cantamos pedindo aguinaldo

chourizas, touciño pra face-lo caldo.

Pra face-lo caldo, pra face-lo caldo,

chourizas, touciño pedindo o aguinaldo.”

Os cantos adoitan rematar cunha estrofa de loubanza ós da casa onde se cantaba en caso de obte-lo aguinaldo desexado. Pero tende moito coidado porque, en caso contrario, farase saber ós veciños quen estaba menos disposto a comparti-los seus alimentos.😜🙉

“Cantámosche os Reises

do quiquiriquí

se non nos das nada

caghámosche aquí.”

A troula non remata aquí xa que stades convidados a danzar ao son dunha xota ou unha muiñeira.🎵🎵

🔔Ide preparando o aguinaldo porque uns reseiros moi especiais están a piques de chamar ás vosas portas

Categorías: Retazos do festival de Nadal | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Concerto de Aninovo

🎶🎶C͓̽o͓̽n͓̽c͓̽e͓̽r͓̽t͓̽o͓̽ ͓̽d͓̽e͓̽ ͓̽A͓̽n͓̽i͓̽n͓̽o͓̽v͓̽o͓̽🎶🎶

Do mesmo xeito que non podemos pensar nunha noite de Aninovo sen uvas e festa🥳, non podemos concibir un inicio de ano sen o tradicional concerto de Aninovo.

Os nosos músicos xa teñen os instrumentos perfectamente afinados a pesares de levar xa uns días de troula e os nervios xa empezan a aflorar. Pero antes de comezar, un par de curiosidades sobre este gran espectáculo musical…….

🎻O tradicional concerto celébrase sempre no mesmo lugar, na Sᴀʟᴀ Dᴏᴜʀᴀᴅᴀ da 𝐌𝐮𝐬𝐢𝐤𝐯𝐞𝐫𝐞𝐢𝐧 𝐝𝐞 𝐕𝐢𝐞𝐧𝐚 , Austria, e somente é interpretado pola Orquestra Filarmónica de Viena, unha das mellores orquestras do mundo onde é bastante difícil entrar.

🎺Ademais de celebrarse o día de 𝑨𝒏𝒊𝒏𝒐𝒗𝒐 interprétase tamén o mesmo programa (o establecido ese ano, enténdese) o 3⃣0⃣ de decembro (día en que se celebra o ‘ensaio xeral’) e o 3⃣1⃣ de decembro nun acto chamado 𝓒𝓸𝓷𝓬𝓮𝓻𝓽𝓸 𝓭𝓮 𝓢𝓪𝓷 𝓢𝓲𝓵𝓿𝓮𝓼𝓽𝓻𝓮 (Sylvesterkonzert).

🥁Celebrouse por primeira vez en 𝟏𝟗𝟑𝟗 e foi dirixido por 𝑪𝒍𝒆𝒎𝒆𝒏𝒔 𝑲𝒓𝒂𝒖𝒔𝒔 . Ese ano só se interpretaron obras de 𝑱𝒐𝒉𝒂𝒏 𝑺𝒕𝒓𝒂𝒖𝒔𝒔(fillo). O seguinte celebraríase en 𝟏𝟗𝟒𝟏 e no ano 1945 veríase interrompido pola II Guerra Mundial. En 1958, o director Willi Boskovsky introduciu a tradición de acabar o concerto co 𝘿𝙖𝙣𝙪𝙗𝙞𝙤 𝘼𝙯𝙪𝙡 e a 𝓜𝓪𝓻𝓬𝓱𝓪 𝓡𝓪𝓭𝓮𝓽𝔃𝓴𝔂.

🎷Johann Strauss pai compuxo a moi famosa Marcha Radetzky en honra dun xeneral austriaco que, a mediados do século XIX, machucou sen piedade aos revolucionarios do norte de Italia. Pero isto non supuxo un obstáculo para que todos os días 1 𝓭𝓮 𝔁𝓪𝓷𝓮𝓲𝓻𝓸 a Marcha Radetzky suscite sentimentos de 𝕝𝕖𝕕𝕚𝕔𝕚𝕒, 𝘦𝘴𝘱𝘦𝘳𝘢𝘯𝘻𝘢 no futuro e 𝗀𝖺𝗇𝖺𝗌 𝖽𝖾 𝗏𝗂𝗏𝗂𝗋 en centos de millóns de persoas que seguen o concerto de Aninovo desde 𝟱𝟰 países.

SEÑORAS E SEÑORES, O CONCERTO ESTÁ A PIQUES DE COMEZAR…TOMEN ASENTO E GOCEN COA MÚSICA.💖

Categorías: Retazos do festival de Nadal | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

𝓒𝓐𝓝𝓣𝓞𝓢 𝓓𝓔 𝓐𝓝𝓘𝓝𝓞𝓥𝓞

⏱🎉🥂A poucas horas do fin de ano, resultaba habitual que os 𝒃𝒂𝒏𝒅𝒊𝒏̃𝒐𝒔 ou 𝓬𝓾𝓪𝓭𝓻𝓲𝓵𝓵𝓪𝓼 de mozos e mozas comezaran a percorrer as vilas e aldeas cos seus cantos acompañados dun gaiteiro ademais das percusións co bombo, tamboril e os denominados instrumentos humildes, cunchas, tarrañolas, piñas, e calquera dos que se poden atopar facilmente nas casas de aldea.(Cantos de Nadal, Aninovo e Reis. A.C.F. O Fiadeiro)

🎊🎶O noso bandiño de 𝟱º 𝗱𝗲 𝗣𝗿𝗶𝗺𝗮𝗿𝗶𝗮 xa ten a súa percusión preparada para festexar, troulear e brindar polo que foi e polo que será cheos de esperanza e ilusión.🎆

Despedida de ano vello

entradiña daninovo

os señores desta casa

os conten con moito gozo!

Viva!, berran os gaiteiros,

que viñeron a tocar,

ó Neno, recén nacido,

entre as pallas dun portal.

Ano de festas que naces!

o pasado xa pasou!

A primaveira enverdece

o xardin que se marchou!

Ano novo, vida nova!

ano novo, qué traerás?

o vello sospiros leva,

o novo xa os traerá.

(Despedida de ano vello: Fuxan Os Ventos)

🅵🅴🅻🅸🆉 🅰🅽🅸🅽🅾🆅🅾

Categorías: Retazos do festival de Nadal | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Recomendacións lectoras de Biblo

Esperamos que os Tres Reis Magos 👑👑👑 tomen boa nota das Recomendacións Lectoras para este Nadal 🎄🎄 e enchan os seus camelos 🐫🐫🐫 de fermosos libros📚📖 cheos de enxenosas aventuras e viaxes fascinantes polo mundo da fantasía e imaxinación.

http://bibloenforcarei.blogspot.com/…/recomendacions…

Categorías: O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Nadal nas rúas

O día de Nadal os mozos e mozas continuaban cos seus cantos porta a porta pedindo o aguinaldo e invitando aos da casa a bailar ao son dunha muiñeira ou xota.

Tende coidado co aguinaldo pois de non seren do seu gusto rapidamente unha copla de escarnio ides recibir.

Déame o aguinaldo, señora por Dios;

que venimos catro e cantamos dous.

Déame o aguinaldo, anque seña pouco:

un touciño enteiro e a mitá doutro.

Levántese, señora, do seu sentadeiro,

vaia ó touciño e fágalle un cambeiro.

Déanos o aguinaldo, señora casada,

ovos, torresmos e longaínza asada

Categorías: Retazos do festival de Nadal | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

𝘾𝘼𝙉𝙏𝙊𝙎 𝘿𝙀 𝙉𝘼𝘿𝘼𝙇 𝙀 𝙍𝙀𝙄𝙎

🎶🎶Houbo un tempo en que foi tradición habitual nas nosas parroquias ir cantar polas casas nestas festas de Nadal. Grupos de mozas e de mozos percorrían a aldea ou parroquia cantando panxoliñas, cantos de Nadal e cantares de Reis, todas elas fermosas pezas de literatura popular que foron transmitidas oralmente ó longo dos séculos.

🎄O día de hoxe, Noite Boa, á saída da Misa do Galo, os mozos percorrían a aldea cantando “panxoliñas” ou “nadais” e, a cambio do seu cantar, a mocidade solicitaba o aguinaldo🎁, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc.), que despois consumían todos xuntos facendo unha festa ou foliada. (Blog:A sombra de Bouza Panda)

👫👫Os alumnos e alumnas do CEIP Nosa Señora das Dores teñen ganas de troula e de continuar coa tradición, asi que tende preparado o aguinaldo porque esto promete.🎉🎊

𝔹𝕆 ℕ𝔸𝔻𝔸𝕃

Categorías: O máis xido dos arxinas, Retazos do festival de Nadal | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

A͓̽c͓̽t͓̽i͓̽v͓̽i͓̽d͓̽a͓̽d͓̽e͓̽s͓̽ ͓̽N͓̽a͓̽d͓̽a͓̽l͓̽ ͓̽2͓̽0͓̽2͓̽1͓̽

🎄🎄🎄Xa queda pouco para as vacacións de Nadal así que imos rematar o trimestre como se merecen os rapaces e rapazas do cole.

📅O luns o Paxe Real das súas maxestades 👑 acercarase ao centro para falar cos nenos e nenas e recoller as cartas ✉que estiveron preparando ao longo da semana.

📅O martes teremos cinema de Nadal🎬 nas aulas e actuación do mago Popín no salón de actos respectando as medidas Covid.

📣📣Isto non remata aquí xa que temos reservada unha sorpresa para todas as familias. A partir do 24 de decembro comezaremos a publicar o 🅵🅴🆂🆃🅸🆅🅰🅻 🆅🅸🆁🆃🆄🅰🅻 🅳🅴 🅽🅰🅳🅰🅻 que preparamos con todo o noso cariño da man do profe Toño estas últimas semanas.

Categorías: Nadal | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.