Artigos coa etiqueta: Curso 2019-2020

25 N : Moito que cambiar, moito que aprender

Desexaríamos que o 25 de novembro fora recordado por algo que nos fixera sentir orgullos@s de nós como seres humanos, como seres racionais que valoran aos demáis polo que son, polas súas cualidades, polo seu potencial, polo que fai que cada un de nós sexamos únicos e especiais; polo que nos dignifica; polo que sabemos apreciar dos demáis sen importarnos o seu xénero, raza ou condición. Por desgracia non é así.
Desexaríamos non ter que derramar máis bágoas polas que non están, pol@s que sofren en silencio posto que esta lacra non afecta soamente ás mulleres e as nenas senón ás familias e á sociedade en xeral. Pero por desgracia é así.
Onte escoitaba que se algo é xeral e non anecdótico é que é un síntoma de que algo vai mal.E algo vai mal neste mundo se seguimos a conmemorar todos os anos esta data.
A solución non é doada pero se algo temos claro é que ten que estar sustentada nunha base firme e sólida: A EDUCACIÓN.
Tratar estes temas nos centros educativos, sobre todo e Primaria e Infantil, non é sinxelo posto que os conceptos e a terminoloxía, os datos e as consecuencias destas actitudes non é algo para o que os nenos e nenas estén preparados.Pero traballar a empatía; ser quen de poñernos nos zapatos dos demais; aprender a resolver conflitos; a coñecer as súas emocións e como expresalas; aprender que se queremos que nos respecten temos que respectar; que non hai ninguén mellor ou peor que outro se non que cada un ten as súas cualidades e potencialidades; eso si que é fundamental posto que esa é a base sólida onde debe asentarse unha sociedade como tal.
Os nenos e nenas nos seus primeiros anos nos fan diferencia entre sexos nos seus xogos ou nas súas amizades; nos teñen conflictos cos seus compañeiros por ser nenos ou nenas se non porque aínda non contan cos mecanismos necesarios para xestionar as súas emocións ou para resover situacións que non son capaces de solucionar. Por iso traballar a educación emocional nas escolas é fundamental.
Este ano, dende o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización queremos seguir afondando neste traballo, non porque haxa que conmemorar mañá o Día contra a Violencia de Xénero senón porque queremos que forme parte do noso traballo diario. Non imos tratar o tema da Violencia de Xénero en sí xa que o que pretendemos é que os nos@s nen@s aprendan que cando camiñamos da mán de alguén pola vida, cando temos un amigo ou unha amiga temos que aprender a respectar os seus momentos da mesma forma que a nós nos gustaría que nos respectaran os nosos momentos. Que ser amig@ non é ter un dereito de exclusividade sobre a outra persoa; que deixarlles facer nun momento algo sen nós non quere dicir que nos deixe de querer ou que nos ignore; que temos que entender que non lle podemos obligar a facer o que non queren ou o que nos queremos e que , do mesmo xeito, tampoco debemos permitir que nolo fagan a nós. Para que alguén  queira estar con nós só temos que deixar que queira estar con nós. Ás veces, só fai falta aprender unha lección moi sinxela: RESPECTO.

Se únicamente fósemos quen de facer o que fan este neno e este can, de respectar espazos para que poidan volver a nós e poder seguir o camiño xuntos seguro que parte do problema comezaría a solucionarse.

Categorías: Novas de interese | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

O Grito

Durante a semana de Samaín, os rapaces e rapazas de 2º de Primaria traballaron co cadro de Edvard Munch“O Grito” a raíz da proposta de Normalización de traballar o sentimento do medo, para reflexar os sentimentos dende a área de Plástica.

O primeiro que fixeron foi ver o cadro do artista para, de seguido, debatir sobre as seguintes preguntas:

 

-Que sentimento representa? Por que?

-Que sentimento che provoca?

(Non se lles comentou o título para que a interpretación fose o menos guiada posible)

-Que fai que sintas ese sentimento?

 

 

Logo lemos un breve resumo sobre o autor e a súa historia e o significado do cadro, comentando os sentimento que tiña o autor cando o pintou. Para rematar cada neno tentou reproducir a cara do cadro do artista nunha plantilla dada.
Completamos a actividade pegando o nome e título do autor e, pola parte de atrás da cartolina, o resumo da vida do autor.
Categorías: Educación Responsable | Etiquetas: ,,,,,,,,, | Deixar un comentario

Eu tamén teño medo

“Fiz non era coma os outros nenos: Fiz era o neno máis medorento do mundo”!
Así comeza o conto de Fina Casalderrei “Fiz, o coleccionista de medos”, unha historia para favorecer a expresión de sentimentos, sacando partido do que, en principio, podería parecer unha limitación ou unha barreira para o día a día e que serve de punto de partida para a actividade de Samaín 2019.
Non só os nenos teñen medo…todos temos medo dalgunha cousa por irracional que sexa. O que non podemos facer é deixar que os medos nos dominen como lle pasaba ao protagonista da historia. A través deste relato @s cativ@s poden descubrir que canto máis nos riamos dos nosos medos , canto máis nos enfrentemos a eles máis pequenos se volverán. Queredes saber como se enfrontou Fiz aos seus medos?

FASE 1:
Dende Educación Responsable, coa colaboración do Equipo de Normalización e Biblioteca quixemos traballar o autocontrol e a contención traballando de xeito dinámico a xestión do medo a partir da visualización deste curto. Previa a visualización da curta, iniciamos unha reflexión conxunta sobre as situacións nas que solemos ter medo para darnos conta de ter medo é algo que non só lles sucede aos nenos/as pequenos senon que todos incluídos os adultos pasamos medo. O importante é que facemos para superalos.
FASE 2:
Después da visualización, fixémoslles as seguintes preguntas:
Que facía Fiz cada vez que algo lle daba medo? Conseguía vencer ós seus medos? Que solución buscou? Foi efectiva? Por que?
FASE 3:
Finalmente trasladamos o debate á aula para que nas clases partindo destas dúas cuestións:
Como afronta os medos? Que farías ti?
FASE 4:
Como fixo Fiz, cada alumno gardou nun cofre o seu medo e entre todos elaboramos dous murais que representan os medos de Forcarei e o noso propósito de enfrontarnos a eles.

Categorías: Educación Responsable, O máis xido dos arxinas, Samaín | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

Superpoderes e aventuras piratas

Esta semana o Equipo de Biblioteca puxo en marcha o préstamo lector cunha novidade…os carnets lectores de superheroes e superheroínas. A lectura non só abre as portas a mundo fantásticos onde vivir incribles aventuras, aprender cousas inimaxinables senon que nos da superpoderes. Por iso, os rapaces de infantil e primeiro recibiron un carnet co cal irán obtendo por cada libro lido unhas estrelas coas que se convertirán en superheroes e superheroínas lectoras. A idea é motivar á lectura coa idea de  que dentro de cada libro hai unha pizca de maxia que fará que eses superpoderes que todos levamos dentro xurdan a luz.

Por outra banda, os alumnos de 2º a 6º de Primaria recibiron un mapa do tesouro que terán que ir completando para atopar o tesouro que se atopa agochado na biblioteca.

Esta nova campaña de animación á lectura busca que @s alumn@s se comprometan coa lectura propiciando en aqueles que non están motivados cara a lectura o hábito lector a través do xogo.

 

Categorías: animación á lectura, Biblo en Forcarei | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Día das Bibliotecas

Hoxe, 24 de outubro, festexamos o Día das Bibliotecas Escolares, marcado dende o ano 1997 como tal pola Asociación de Amigos do Libro Infantil e Juvenil co fin de concienciar sobre a importancia da lectura e o recoñecemento das bibliotecarias.
Para tal ocasión puidemos contar con Zeltia que nos axudou a entender que os contos non só poden ser vistos senón contados e cantados.

Categorías: Día das Bibliotecas Escolares | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Un océano de emocións

Este curso fomos seleccionados entre outros centros da comunidade para participar no programa Educación Responsable da Fundación Botín. Este programa, desenvolvido en colaboración coa Consellería de Educación, favorece o crecemento físico, emocional, intelectual e social das persoas, promove a comunicación e mellora a convivencia nos centros escolares a partir do traballo con docentes, alumnado e familias.
A decisión de mergullarnos nesta nova aventura xurdíu da reflexión que moitas veces nos facemos os docentes… Que clase de educación queremos? Que lle podemos ofrecer aos nosos rapaces ademáis de coñecementos? Que é fundamental para o éxito? Os contidos ou as emocións? Como podemos xestionar as nosas propias emocións para ser quen de guiar aos nenos e nenas no coñecemento das súas propias emocións?
Esperamos sinceramente que o traballo que imos iniciar nos permita ofrecer una educación que promova o crecemento saúdable dos nenos e nenas, potenciando o seu talento e creatividade para que sexan autónomos, competentes, solidadrios e felices e,que nos permita crecer a nós persoal e profesionalmente.

Clicade na imaxe para coñecer un pouco máis este programa.

 

Categorías: Educación Responsable | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.