Artigos coa etiqueta: curso 2017-2018
Actividades Fin de Curso
O Conto da Muiñeira de Chantada
A nosa adaptación do conto da Muiñeira de Chantada….
Trailler O Conto da Muiñeira de Chantada
Deixámosvos un adianto do traballo realizado durante estos meses, o conto A Muiñeira de Chantada. Este venres será a presentación para nenos e profes e o día 15 de xuño estará aberto a tod@s. Agardamos sexa do voso agrado.
Tráiler_Conto_Muiñeira_de_Chantada from vanessa.arca on Vimeo.
CLAUSURA PLAN DE FORMACIÓN INTERCENTROS 2014-2018
CLAUSURA PLAN DE FORMACIÓN INTERCENTROS 2014-2018.
CEIP NOSA SRA. DAS DORES, CEIP SOUTELO DE MONTES E CEIP SAN XOAN BAUTISTA
Día da Paz 2018
Baixo o lema “Quérote máis” enchemos o colexio de globos, cores, pombas e mensaxes de amor e de respecto, tan importante hoxe en día.
Grazas a todos os mestres e os cativos e cativas pola súa disposición na realización das tarefas que se lle propoñen.
Quérote máis!
Taller de cociña
O curso de 2° de primaria organizou un taller de cociña. Desprazàronse ao supermercado para facer a compra dos ingredientes e no cole elaboraron unha deliciosa receita de magdalenas. Foi unha maneira moi divertida de traballar doutro xeito as matemáticas ( unidades de medida, operacións,moedas ..) aplicadas á vida cotià.
Agradecemos ao Supermercado Claudio e a Empresa a Montañesa a súa colaboración.
Nadal na residencia dos maiores
Os neno@s de 5° e 6° de primaria acercaron o Nadal aos maiores da residencia da terceira idade de Forcarei no día de hoxe. Foi un pracer representar dúas obras de teatro( Cousas de gnomos e Pan de Nadal) que forman parte do programa do festival de Nadal que terá lugar o vindeiro mércores ás 12 horas no salón de actos do colexio.
Esta actividade interxeracional desenvolveuse con grande expectación tanto por parte dos cativos coma dos usuarios da residencia, dando así continuidade às actividades navideñas desenvolvidas no centro. De seguro que non será última ao longo deste curso escolar. Agradecer a dirección e persoal da residencia o trato recibido e os agasallos realizados integramente polos residentes.
Froita Fresca
Rematamos o primeiro período do programa, “Froita na Escola” , patrocinado pola Consellería de Medio Rural. Gracias pola colaboración. Foi un éxito.
Saboreando o Outono
Como remate do traballo ” Saboreando o outono”, (traballo proposto polo Equipo de Biblioteca e o de Normalización) realizado ao longo destas últimas semanas, organizamos unha sesión de degustación dos froitos do Outono sobre os que se realizou o proxecto de investigación. Houbo pasteis de cabaza,, mazà,noces, marmelo con queixo, compota de mazà, pan de figos e millo ,noces, pipas de cabaza, uvas, granada….Menuda enchenta!!!!
A exposición dos traballos realizados nas aulas estará exposta durante esta semana no salón de actos.