Poetizamos o colexio

O pasado 21 de Marzo celebrouse en todos os colexios o Día da Poesía. Este anos quixemos realizar unha actividade que non se ciñese exclusivamente a ese día, senon que quixemos que a poesía estivera presente ao londo de toda a semana e que nos acompañase o resto do trimestre. Propuxemos,conxuntamente co Equipo de Biblioteca,... Seguir lendo →

O tilde diacrítico

Unidade sobre a acentuación en galego. Neste quinto libro traballamos as palabras con acento diacrítico MÁIS ACTIVIDADES INTERACTIVAS DE REFORZO: ACENTO DIACRÍTICO (Necesario ter instalado Java no ordenador para visualizar esta actividade) O TIL DIACRÍCO I O TIL DIACRÍTICO II O TIL DIACRÍTICO III (Libro Lim)    

Guías de lectura Nadal 2014

Chegado o Nadal, as bibliotecas escolares dos centros educativos da comarca de Terra de Montes, unímonos para elaborar estas guías de recomendacións lectoras. Con elas pretendemos que este período vacacional a lectura forme parte do tempo libre converténdose nun hábito máis de ocio.Agardamos que as nosas recomendacións sexan do agrado dos cativos. Clicade na imaxe... Seguir lendo →

Magosto 2014

Hoxe o tempo dounos un respiro e puidemos celebrar a noso Magosto. Como nos tardaba! Ademais das castañas, este ano a festa contou cunha serie de xogos tradicionais preparados polo Equipo de Extraescolares e coordinados polos alumnos de 6º de Primaria, como os bolos celtas, os rulos, a chave e a petanca. Pasámolo estupendamente! Non... Seguir lendo →

A lenda da Loureiriña

Os máis cativos uníronse tamén á recopilación de contos, cantos e lendas que iniciamos este curso. Candela, de cinco anos, recolleu coa axuda da súa nai a lenda sobre unha ponte da nosa comarca, a Ponte do Crego. Aproveitando a hora da lectura, animouse a lerlla aos seus compañeiros de 4 e 3 anos, os... Seguir lendo →

Cantos, contos e outras músicas

Levábamos xa uns anos dándolle voltas a idea de facer unha recopilación de contos, cantigas refráns e lendas da nosa bisbarra pero nunca atopábamos o momento. Despois do éxito do libro viaxeiro de Gloria Fuertes, decidimos que este era o momento. O Equipo de Normalización é consciente de que a tradición oral da nosa terra... Seguir lendo →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑