Artigos coa etiqueta: Curso 2013-2014

A nosa lingua, o noso tesouro

Ao redor deste lema xirou a actividade, que xunto co Equipo de Biblioteca, propuxemos para festexar o día grande da nosa lingua. A idea era que cada rapaz escollera unha palabra en galego para compor entre todos un gran mural que decorara as escaleiras do noso centro. O criterio para escoller cada quen a súa palabra veu suxerido pola mascota da nosa biblioteca. Podía ser a palabra que máis nos gustara; a máis longa ou a máis curta; a que máis nos custara aprender; podíamos traballar cos campos semánticos que cada curso estivera a traballar nese momento na clase( tempo metereolóxico, froitas, accidentes xeográficos, animais,…). Quedou estupendo e, ademais, aprendemos unha morea de palabras interesantes! E por se alguén non coñecía o significado dalgunha, deixamos uns “xeradores de palabras” para axudarnos a descubrir o seu significado. Houbo moitas sorpresas con algunhas!

Ademais, para celebrar o Día das Letras Galegas, fixemos unha escolma de recursos creados por outros centros (este ano  había moitos e moi bos) para coñecer un pouco máis sobre a vida e obra de Xosé María Díaz Castro e rematamos cantando o noso himno que preparou o profe Toño na clase de Música.

DSC_0920

 

Advertisements
Categorías: Letras Galega 2014 | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Letras Galegas 2014

Un curso máis, a CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina monográfica que compila recursos e materiais sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, nesta ocasión o poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro. Nela, partíllanse recursos didácticos como actividades para imprimir e en liña, información en diferentes soportes, exposicións, xogos, experiencias en centros, etc. que foron elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo dos centros escolares, institucións, asociacións, etc.

Clicade na imaxe para acceder aos recursos propostos.

Pantallazo-1

Categorías: Letras Gallufas | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Palabras para construir a PAZ

Gloria Fuertes ensinounos que só necesitamos tres letras para formar a palabra PAZ. Pero….

Cantas palabras son necesarias para construir a PAZ?

Con este obxetivo, decidimos elaborar o noso ABECEDARIO INTERNACIONAL DA PAZ con todas aquelas palabras (en galego, castelán, inglés,….) que criamos  necesarias para que a PAZ poida reinar no noso planeta, no noso país, na nosa cidade, no noso cole, nas nosas casas e nos nosos corazóns.

Tanto no salón de actos do centro coma na biblioteca, deixamos unhas siluetas de pombas para que o que quixera puidera escribir a súa palabra. Outros decidiron debuxar a contorna da man en vez da pomba. Os recreos desta semana pasaron voando pois rápidamente todos nos puxemos mans a obra. E incluso os máis cativos, axudados polos maiores, escribiron a súa palabra ou deixáronnos fermosos debuxos.

E como nos recordaron a profe Patricia e os seus rapaces, non esquezades que…

fin

Categorías: Día da Paz | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.