Artigos coa etiqueta: contacontos

Día das Bibliotecas

Hoxe, 24 de outubro, festexamos o Día das Bibliotecas Escolares, marcado dende o ano 1997 como tal pola Asociación de Amigos do Libro Infantil e Juvenil co fin de concienciar sobre a importancia da lectura e o recoñecemento das bibliotecarias.
Para tal ocasión puidemos contar con Zeltia que nos axudou a entender que os contos non só poden ser vistos senón contados e cantados.

Categorías: Día das Bibliotecas Escolares | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Semana do medo: A figueira de Pelostortos

Dende este mércores 23 ata o mércores 30, a biblioteca do centro está a organizar unha semana de relatos de medo. De forma voluntaria, os mestres e rapaces prepararon unha serie de contos e relatos relacionados co Samaín para amenizar o tempo do recreo .

Este venres, os rapaces e rapazas de 5º léronnos un dos contos que se atopan na exposición de libros que o Equipo de Biblioteca realizou para entreternos estes días chuviosos durante as horas de lecer no cole. “A figueira de Pelostortos” da Editorial OQO e escrito por Ana Gª Castellanos  tívonos en suspense ata o final.

A posta en escena foi increíble, sobre todo os efectos especiais ! Parabéns a todos!

pizap.com13827387440761

Categorías: Samaín | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.