Rosalía é unhas das mellores poetisas da nosa literatura, creadora de fermosos poemas como Cantarte hei, Galicia. Nesta ocasión, os nenos e nenas de 1º de primaria e infantil B quixeron contar coas familias para musicar e ilustrar este texto recollido na obra Cantares Gallegos.
Artigos coa etiqueta: Colaboración comunidade educativa
Día de Rosalía 2020
Homenaxe a Rosalía
Este venres 28 quixemos adicar parte do noso tempo a unha das máis insignes figuras da nosa literatura, Rosalía de Castro. Nesta ocasión fixemos partícipes desta homenaxe a membros da nosa comunidade educativa, que aínda que parece que non, son parte fundamental da nosa escola.
Hoxe imos comezar dándolle as grazas a un dos nosos conductores, Alberto e a unha das coidadoras do autobús, Lola,que sen pensalo moito, accederon a axudarnos a contar a historía dunha nena que fixo rexurdir a nosa lingua e a nosa literatura coas súas verbas.
INTRES DE PAZ
O noso blogue faise eco da proposta que, co gallo do Día da Paz, a nosa biblioteca lanzou a través das redes sociais. Aqui vos deixamos o resultado desta colaboración coa comunidade educativa do noso centro.Gracias a tod@s por participar. Clicade na imaxe para ver o video.