Artigos coa etiqueta: Celebracións

A nosa lingua, o noso tesouro

Ao redor deste lema xirou a actividade, que xunto co Equipo de Biblioteca, propuxemos para festexar o día grande da nosa lingua. A idea era que cada rapaz escollera unha palabra en galego para compor entre todos un gran mural que decorara as escaleiras do noso centro. O criterio para escoller cada quen a súa palabra veu suxerido pola mascota da nosa biblioteca. Podía ser a palabra que máis nos gustara; a máis longa ou a máis curta; a que máis nos custara aprender; podíamos traballar cos campos semánticos que cada curso estivera a traballar nese momento na clase( tempo metereolóxico, froitas, accidentes xeográficos, animais,…). Quedou estupendo e, ademais, aprendemos unha morea de palabras interesantes! E por se alguén non coñecía o significado dalgunha, deixamos uns “xeradores de palabras” para axudarnos a descubrir o seu significado. Houbo moitas sorpresas con algunhas!

Ademais, para celebrar o Día das Letras Galegas, fixemos unha escolma de recursos creados por outros centros (este ano  había moitos e moi bos) para coñecer un pouco máis sobre a vida e obra de Xosé María Díaz Castro e rematamos cantando o noso himno que preparou o profe Toño na clase de Música.

DSC_0920

 

Advertisements
Categorías: Letras Galega 2014 | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Celebración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Aínda que cun día de retraso (pois o 30 de xaneiro non estaban no centro os alumnos de 3º que foran a ver unha actuación a Pontevedra)celebramos con moito entusiasmo o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.
Despois dunha pequena introducción na que Uxía (3º P)nos explicou o por que desta celebración, demos paso a unha serie de pequenas actuacións que prepararon os alumnos de 4 e 5 anos e 3º de Primaria. Ademais, dende a aula de inglés, os alumnos de 4º cantaron a canción de Louis Armstrong titulada “What a wonderful world” e rematamos todos cantando unidos unha canción preparada polo profe de música.
Pero isto non foi todo!!!Tamén firmamos pola Paz nas pombas que fixera a profe de Relixión cos rapaces de 1º e 2º de Primaria.

Aquí vos deixamos un pequeno resumo deste día.

Categorías: Día da Paz | Etiquetas: , | Deixar un comentario

Recursos para o Día Escolar da Non Violencia e a Paz

E así, da man, gocemos do pracer de atopar este lugar de soño onde reina a …. PAZ.

2014-01-28_2157

Categorías: Día da Paz | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

Os Maios

“Os maios” é unha celebración que se fai nalgunhas zonas de Galicia, sobre todo no sur; no norte son de destacar os que se celebran en Pontedeume e Viveiro.
Festéxase a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos; a data de celebración vai desde abril ata mediados de maio.
Maios
Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc… Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do “maio”.
Hoxe en día, ademais da forma tradicional, intentan imitar casas, castelos, cruceiros, murallas, etc…

Outro orixinal deseñoMuralla feita cos ramosRemate doutro maio

Algunhas cantigas eran:


Escoiten nosos señores
o que lles imos cantar:
as copras que tran “Os maios”
floridos hastra namáis.
Estén todos moi atentos
que imos escomenzar,
deprendan o que cantamos
axúdennos ó acabar.
Cantar, cantarlle ó “maio” florido.
Cantar, cantarlle unha vez máis.
Cantar, cantarlle ó “maio” garrido.
Cantar, cantarlle así sen parar.
Vede como se celebrou e se segue celebrando Os Maios na capital da nosa provincia.
Categorías: Os Maios | Etiquetas: , | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.