Artigos coa etiqueta: audiovisuais

INTRES DE PAZ

O noso blogue faise eco da proposta que,  co gallo do Día da Paz, a nosa biblioteca lanzou a través das redes sociais. Aqui vos deixamos o resultado desta colaboración coa comunidade educativa do noso centro.Gracias a tod@s por participar. Clicade na imaxe para ver o video.

10407516_987105194651047_6707627157862737156_n

Categorías: Día da Paz | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Contos do camiño I

PACKAGING_2_Dbook extralargo 3C2B_OQO-TVG_TRZ

Todos coñecedes A bruxa regañadentes ou Corre, corre Cabaciña. Pero que vos parece poder ver estes contos nun filme? A que sería divertido?

Pois a editorial OQO, atendendo as inquedanzas de pais e mestres para que novos materiais se  incorporen a cultura audiovisual de calidade, e en galego, ás aulas,  acaba de editar nove dos seus relatos máis coñecidos para ser gozados en formato audiovisual pois consideran que é ” un dos formatos actuais máis populares para a transmisión de contos”.

interior_DVDs_OS_CONTOS_DO_CAMIÑO_I

Os contos do camiño I ofrece unha calidade avalada por premios e candidaturas en festivais internacionais especializados como o Brasil Stop Motion, o Festival Internacional de animación de Annecy (Francia), o Festival Zlin (República Checa), o Festival de televisión infantil de Barcelona ou o Japan Prize 2012, co que a televisión pública xaponesa NHK recoñece os mellores produtos audiovisuais educativos do mundo.

Nesta nova publicación atoparedes os títulos máis coñecidos da editorial OQO.

A bruxa regañadentes

A cousa que máis doe do mundo

A grande viaxe

A pota que trota                                                                               DVDs_OS_CONTOS_DO_CAMIÑO_I

A tartaruga que quería durmir

Corre corre, cabaciña

Pedra, Pau e Palla

Rato Tom e rata Tomasa

Un gato na árbore

Bo cine de animación que toda a familia desexará ver.

Categorías: Recomendacións lectoras | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.