Artigos coa etiqueta: animación á lectura

Superpoderes e aventuras piratas

Esta semana o Equipo de Biblioteca puxo en marcha o préstamo lector cunha novidade…os carnets lectores de superheroes e superheroínas. A lectura non só abre as portas a mundo fantásticos onde vivir incribles aventuras, aprender cousas inimaxinables senon que nos da superpoderes. Por iso, os rapaces de infantil e primeiro recibiron un carnet co cal irán obtendo por cada libro lido unhas estrelas coas que se convertirán en superheroes e superheroínas lectoras. A idea é motivar á lectura coa idea de  que dentro de cada libro hai unha pizca de maxia que fará que eses superpoderes que todos levamos dentro xurdan a luz.

Por outra banda, os alumnos de 2º a 6º de Primaria recibiron un mapa do tesouro que terán que ir completando para atopar o tesouro que se atopa agochado na biblioteca.

Esta nova campaña de animación á lectura busca que @s alumn@s se comprometan coa lectura propiciando en aqueles que non están motivados cara a lectura o hábito lector a través do xogo.

 

Categorías: animación á lectura, Biblo en Forcarei | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Día das Bibliotecas

Hoxe, 24 de outubro, festexamos o Día das Bibliotecas Escolares, marcado dende o ano 1997 como tal pola Asociación de Amigos do Libro Infantil e Juvenil co fin de concienciar sobre a importancia da lectura e o recoñecemento das bibliotecarias.
Para tal ocasión puidemos contar con Zeltia que nos axudou a entender que os contos non só poden ser vistos senón contados e cantados.

Categorías: Día das Bibliotecas Escolares | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Poetizamos o colexio

O pasado 21 de Marzo celebrouse en todos os colexios o Día da Poesía. Este anos quixemos realizar unha actividade que non se ciñese exclusivamente a ese día, senon que quixemos que a poesía estivera presente ao londo de toda a semana e que nos acompañase o resto do trimestre. Propuxemos,conxuntamente co Equipo de Biblioteca, unha actividade de apadriñamento lector. Así, os alumnos de 6º a 3º de Primaria actuaron como padriños do resto de cursos, incluídos os nenos de Infantil. Cada padriño escolleu un poema  axeitado para a idade do seu afillado coa axuda dos seus titores entre unha escolma de libros de poemas mercados pola biblioteca para esta actividade ou ben, doutros libros propostos polos titores e alumnos. Nunha folla tiñan que ter copiado o poema ou parte del (dependendo da idade do afillado este podería copiar unha estrofa, verso, palabra ou engadir letras a palabras) previa a lectura. No recreo da mañá, cada apadriñado tiña que ler ao seu afillado o seu poema onde quixera(nos corredores, no patio, nunha aula, nas escaleiras,…) para, de seguido, completalo e ilustralo.
Unha vez rematados os poemas, pasamos a expoñelos nas paredes das escaleiras do centro para que todo o mundo puidera gozar das creacións dos padriños e afillados.

Clicade na imaxe para acceder a montaxe da actividade

IMG_20150318_140805

Categorías: O Legún da Poesía | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

Telexornal especial: Día do Libro

Este ano, en colaboración co Equipo de Biblioteca e os rapaces de 4º e 6º de Primaria, realizamos un telexornal para informar a todos os compañeiros e mestres do centro do porqué desta celebración. Ademais preparamos algunha sorpresiña máis que descubriredes ao ollar este adianto informativo.

Categorías: Día do Libro | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.