Artigos coa etiqueta: Actividades Complementarias

PDI:Mergullándonnos na biblioteca

Ao longo do curso 2018-2019 no marco do Plan de Formación do Profesorado realizamos un novo  proxecto documental integrado de xeito colaborativo entre os centros CEIP Nosa Señora das Dores e CEIP Soutelo de Montes sendo o centro de interese os mares e océanos, no que a biblioteca foi o eixe vertebrador, proporcionando ademais dos recursos documentais, os espazos e recursos persoais dispoñibles.

A temática traballada foi moi variada e ampla intentando que o traballo se coordinara e complementara de xeito dinámico para facer unha exposición atractiva, didáctica e interactiva.

CEIP Soutelo de Montes

Infantil: os Océanos

1º/2º de Primaria: A vida submariña

3º/4º de Primaria: Naufraxios

5º/6º de Primaria: As romarías

CEIP Nosa Señora das Dores

Infantil: Arte do mar

1º de Primaria: Lendas mariñas e seres mitolóxicos

2º de Primaria: Os sons do mar

3º de Primaria: Animalario mariño

4º de Primaria:Os corais

5º de Primaria: Historia da navegación

6º de Primaria: Os Océanos

Asemade, a visita a exposicón se complementou cunha serie de talleres para todos os niveis educativos: papiroflexia, experimentos, charlas, manualidades, nudos,….

Antes de pechar por vacacións, queremos deixarvos un amplo resume do noso traballo. Esperamos que vos goste esta visita guiada polo proxecto e agora so queda…..ir pensando sobre o que ímos traballar o vindeiro curso. Acéptanse ideas. Bo verán.

VISITA A NOSA WIX DO PROXECTO

Categorías: "Mergullámonos na Biblioteca", "Mergullámonos na Biblioteca", PFPP INTERCENTROS | Etiquetas: ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,, | Deixar un comentario

Actividades Fin de Curso

Fin de curso completito , completito….

Categorías: Novas de interese | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Obradoiro de Baloncesto

Os alumn@s de quinto e sexto de Primaria desprazàronse este sábado xunto co seu profe de Educación Física ao Pavillón Fontes do Sar para apoiar ao Obradoiro de baloncesto.

Foto con Corbacho, xogador do Obradoiro. Grazas pola acollida!!!

Categorías: Novas de interese | Etiquetas: | Deixar un comentario

Visita a Apípolis

A pasada semana os alumnos e alumnas de Educación Infantil visitaron as instalacións de Apípolis en Xeve onde coñeceron de primeira man o mundo das abellas e a súa importancia no noso ecosistema.

 

 

Categorías: Novas de interese | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.