Artigos coa etiqueta: 2º Primaria

O Grito

Durante a semana de Samaín, os rapaces e rapazas de 2º de Primaria traballaron co cadro de Edvard Munch“O Grito” a raíz da proposta de Normalización de traballar o sentimento do medo, para reflexar os sentimentos dende a área de Plástica.

O primeiro que fixeron foi ver o cadro do artista para, de seguido, debatir sobre as seguintes preguntas:

 

-Que sentimento representa? Por que?

-Que sentimento che provoca?

(Non se lles comentou o título para que a interpretación fose o menos guiada posible)

-Que fai que sintas ese sentimento?

 

 

Logo lemos un breve resumo sobre o autor e a súa historia e o significado do cadro, comentando os sentimento que tiña o autor cando o pintou. Para rematar cada neno tentou reproducir a cara do cadro do artista nunha plantilla dada.
Completamos a actividade pegando o nome e título do autor e, pola parte de atrás da cartolina, o resumo da vida do autor.
Categorías: Educación Responsable | Etiquetas: ,,,,,,,,, | Deixar un comentario

Taller de cociña

O curso de 2° de primaria organizou un taller de cociña. Desprazàronse ao supermercado para facer a compra dos ingredientes e no cole elaboraron unha deliciosa receita de magdalenas. Foi unha maneira moi divertida de traballar doutro xeito as matemáticas ( unidades de medida, operacións,moedas ..) aplicadas á vida cotià.
Agradecemos ao Supermercado Claudio e a Empresa a Montañesa a súa colaboración.

 

Categorías: Novas de interese | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.