O pasado martes, Roberto, un inxenieiro técnico forestal do noso concello, veunos facer unha visita ao cole para explicarnos moitas cousas importantes e necesarias sobre os cogomelos. Pero que mellor que un de vos para contarnos algo máis sobre o que aconteceu ese día.
Clicade na imaxe para ver unha reportaxe dese día. Disfrutade!
OUTONO: ÉPOCA DE COGUMELOS : O 21 de setembro empezou o outono. Esta estación caracterízase pola caída das follas das árbores, a emigración dalgunhas aves, a menor duración dos días, soutar as castañas, a vendima… e os cogumelos.
Mañá imos celebrar no colexio as 1º Xornadas de Micoloxía. Para iso imos contar coa presencia dun experto en cogumelos que nos vai a ensinar a distinguir os comestibles dos tóxicos para que podamos ir ao monte a recoller setas con máis tranquilidade. Pero recordade que necesitamos da vosa axuda. Hoxe saíu un día perfecto para recoller distintos tipos de cogumelos. Cunha cestiña e a axuda dos vosas familias seguro que mañá temos unha morea de cogumelos.
Mans a obra, rapaces!
Pero se queremos preparar algo sobre os cogumelos, aquí vos deixo un powerpoint moi interesante. Seguro que despois de velo, temos moito que ensinarlle nós tameń ao noso invitado.
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
Esta é a páxina do equipo de Normalización Lingüística do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei. Dende aquí queremos mostrarvos o noso traballo, e todo o que teña que ver coa nosa lingua.Escollemos o nome de Arxineando pois queremos facer unha homenaxe a unha das profesións que levaron o nome do noso concello polo mundo adiante, os Arxinas ou canteiros.Esperamos que disfrutedes co noso traballo e recordade...Badulemos Gallufo!
Recursos para o Samaín
Recursos para o Día da Paz
Recursos para o Entroido
Audiovisuais en galego
Coordinadora Galega de equipos de Normalización e Dinamización Lingüística