SAMAÍN- HALLOWEEN- MAGOSTO Mércores 27. Debe traer as cabazas o alumnado de infantil 1º e 2º de EP. Xoves 28. Será a quenda do alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º EP. Venres 29. Festa das cabazas e tradicional Magosto . O alumando poderá vir caracterizado respectando as normas COVID, evitando complementos perigosos e traxes... Seguir lendo →
Eu tamén teño medo
"Fiz non era coma os outros nenos: Fiz era o neno máis medorento do mundo"! Así comeza o conto de Fina Casalderrei "Fiz, o coleccionista de medos", unha historia para favorecer a expresión de sentimentos, sacando partido do que, en principio, podería parecer unha limitación ou unha barreira para o día a día e que... Seguir lendo →
Curtometraxe de medo
Os defuntos falaban castelao Animación en plastilina baseada nun relato de Ánxel Fole. Na noite de defuntos, nunha aldea galega, unha rapaza foxe da súa casa para escapar co seu mozo e prometérense amor eterno. Esa mesma noite os veciños escoitan unhas misteriosas voces que falan en castelán no cemiterio.
Semana do medo: A figueira de Pelostortos
Dende este mércores 23 ata o mércores 30, a biblioteca do centro está a organizar unha semana de relatos de medo. De forma voluntaria, os mestres e rapaces prepararon unha serie de contos e relatos relacionados co Samaín para amenizar o tempo do recreo . Este venres, os rapaces e rapazas de 5º léronnos un... Seguir lendo →
Recomendacións lectoras para o Samaín
Por se aínda non tendes un libro escollido para ler na noite do Samaín aquí vos deixamos esta guía de lectura. Esperamos acertar!
SEMANA DE MEDO NA BIBLIOTECA
O Samaín está a piques de chegar cargadiño de bruxas, momias, vampiros, pantasmas e demais criaturas tenebrosas. Se queredes pasar uns recreos arrepiantes, esperámosvos na Biblioteca, pois o Equipo de Normalización e o de Biblioteca, coa colaboración dos mestres e rapaces do centro, tennos preparada unha escolma de relatos relacionados coa festividade de Samaín que... Seguir lendo →
Fiz, o coleccionista de medos
Fiz non era como os demais nenos: era o neno máis medorento do mundo - Meu rei, Como es tan medorento? Se coleccionases todos os medos que tes, serías o campión do mundo! As veces os rapaces teñen medos irracionais para os maiores. A eles non lles serve que lles digamos que os ogros non... Seguir lendo →
Lim para o Samaín
Lim colaborativo para traballar no Samaín .
A bruxa regañadentes
O samaín está preto. Imos ir preparando a nosa festa con este filme producido pola editorial OQO baseado na súa publicación A bruxa regañadentes.