A͓̽c͓̽t͓̽i͓̽v͓̽i͓̽d͓̽a͓̽d͓̽e͓̽s͓̽ ͓̽N͓̽a͓̽d͓̽a͓̽l͓̽ ͓̽2͓̽0͓̽2͓̽1͓̽
Xa queda pouco para as vacacións de Nadal así que imos rematar o trimestre como se merecen os rapaces e rapazas do cole. O luns o Paxe Real das súas maxestades acercarase ao centro para falar cos nenos e nenas e recoller as cartas que estiveron preparando ao longo da semana. O martes teremos cinema... Seguir lendo →
Nadal na residencia dos maiores
Os neno@s de 5° e 6° de primaria acercaron o Nadal aos maiores da residencia da terceira idade de Forcarei no día de hoxe. Foi un pracer representar dúas obras de teatro( Cousas de gnomos e Pan de Nadal) que forman parte do programa do festival de Nadal que terá lugar o vindeiro mércores ás... Seguir lendo →
Guías de lectura Nadal 2014
Chegado o Nadal, as bibliotecas escolares dos centros educativos da comarca de Terra de Montes, unímonos para elaborar estas guías de recomendacións lectoras. Con elas pretendemos que este período vacacional a lectura forme parte do tempo libre converténdose nun hábito máis de ocio.Agardamos que as nosas recomendacións sexan do agrado dos cativos. Clicade na imaxe... Seguir lendo →
A árbore dos bicos
O ano pasado, na aula de PT, convertemos a nosa árbore, nunha árbore de desexos, pero este ano decidimos que fose unha árbore de bicos! Bicos para todas as persoas que este Nadal estarán lonxe de nós e que imos botar de menos...
Visita sorpresa!!
Hoxe recibimos unha visita sorpresa para ledicia de todos, nenos e mestres. A pesares de que nestas datas está moi atarefado,Papa Noel compartiu un ratiño do seu preciado tempo connosco. Que emoción!!!!
Guía de lecturas para o Nadal
Se aínda non rematáchedes a carta para os Reis ou Papa Noel, non esquezades incluir un libro. Aquí vos deixamos esta escolma de lecturas que seleccionaron os mestres do cole pensando nos rapaces dos seus cursos. Esperamos que vos gusten. Xa nos contaredes! Clicade na imaxe.
A árbore dos Desexos
As nenas e os nenos da aula de Pedagoxía Terapéutica decidimos decorar a nosa árbore de Nadal con adornos que fixemos nós soliños, bolas, campanas e a estrela! Logo puxémoslle as luces… e a brilar! Cremos que nos quedou xenial! Ti que pensas? Tamén quixemos desexarlle a todas e a todos Bo Nadal e para... Seguir lendo →