A pesares de que xa nos despediramos fai unhas semanas, onte voltamos a vernos na sala de xuntas do concello por mor da exposición dos traballos realizados polos mestres e rapaces durante este curso sobre o noso concello dentro do Proxecto Documental Integrado: Onde vivimos?
Os peques de 3 anos presentáronnos o mapa de Forcarei que conta,para aqueles que non o saibades con 13 parroquias.Pero isto non foi todo, xa que os compañeiros de 5º Educación Primaria afondaron nesas parroquias e permitíronnos coñecer aspectos demográficos, xeográficos, artísticos e históricos de cada unha delas. Aquí tendes un resumo do seu traballo.
Parroquias from María Abilleira Pomar on Vimeo.
Cos pícaros de 4 anos coñecemos os pratos típicos da zona:galiña ao sal,richada,caracois….Tras a boa comida, sempre está ben un pouco de baile. Nesta ocasión os encargados de amenizar a festa foron os alumnos de primeiro, que investigaron sobre un dos músicos máis ilustres da zona: Avelino Cachafeiro, o Gaiteiro de Soutelo.
Os máis maiores de infantil tamén estudaron, neste caso as árbores da zona e sobre todo aquelas que rodean o noso colexio.
As Pontes do Lérez foron as protagonistas do estudo de campo dos 21 rapaces de 2º,os cales gozaron fotografándose coa súa correspondente ponte.Isto non foi todo, tamén fixeron unha composición artística para ilustrar unha poesía de Xosé Otero Espasandín.
Ponte da Barreiriña from María Abilleira Pomar on Vimeo.
O 2º ciclo de Primaria trouxo as nosas mentes as festas, costumes e tradicións dos nosos devanceiros. Foron de gran axuda os maiores máis achegados dos nosos rapaces que lles contaron datos curiosos sobre as profesións e oficios como canteiros, borreiros, gandeiros…; tamén nos falaron das festas e feiras,mitos, lendas,cantigas… Aquí vos deixamos un resumo do seu traballo.
Tradicións,oficios e costumes dos devanceiros de Forcarei from María Abilleira Pomar on Vimeo.
Para rematar tamén nos interesamos polo mundo da arte. Os meus compañeiros e máis eu puidemos descubrir e ver as obras de artistas da zona tan coñecidos como Muras, Barreiro, Luis Iglesias Diz.. entre outros.
Para aqueles que non puidéchedes asistir quedará aberta a exposición durante a vindeira semana no horario de apertura do concello.Se queredes coñecer un pouco máis o noso concello, ollade este video da TVG.