Día da Paz

🏃‍☮QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE

A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar todos os días , aínda que especialmente, o 30 de xaneiro. No Día da 𝑷𝒂𝒛, os centros educativos comprometémonos como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

Este ano queremos dar un paso adiante no noso compromiso implicándonos dun xeito máis activo. Entendemos que a mellor maneira para adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o noso desenvolvemento como cidadáns globais, críticos e comprometidos cos nosos dereitos e os doutras persoas é coa a̲c̲c̲i̲ó̲n̲.

A supervivencia infantil amenazada por conflictos, desnutrición, cambio climático ou violencia de xénero está en risco como nunca antes vimos,agravada pola crise sanitaria derivada da pandemia.

Mañá, mantendo todas as medidas de seguridade e hixene, tanto o alumnado coma o profesorado, apadrinado polas familias e amigos, imos calzar as nosas zapatillas e correr cun único fin: a defensa dos dereitos da infancia.

Moitas grazas pola vosa colaboración e compromiso!

Categorías: Día da Paz | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.