Durante a semana de Samaín, os rapaces e rapazas de 2º de Primaria traballaron co cadro de Edvard Munch“O Grito” a raíz da proposta de Normalización de traballar o sentimento do medo, para reflexar os sentimentos dende a área de Plástica.
O primeiro que fixeron foi ver o cadro do artista para, de seguido, debatir sobre as seguintes preguntas:
-Que sentimento representa? Por que?
-Que sentimento che provoca?
(Non se lles comentou o título para que a interpretación fose o menos guiada posible)
-Que fai que sintas ese sentimento?