Kontacontos

Recomendacións dos nenos de Patri

Hugo, Paula e Ángel quixeron recomendarnos os libros que están a ler coa profe Patri despois de ver o cartel de Kontacontos que hai diante da súa clase. Ollade este video onde, ademais de ensinarnos os seus libros favoritos da colección Bubela, nos contan un pouco de que vai cada un deles. Fantástico rapaces!!

recomendación PT 2 from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Categorías: Kontacontos | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Brais recomenda…

Brais, de , trouxonos este libro cheo de animais para aprender e xogar. Escoitade,escoitade!!

Animalario from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Categorías: Kontacontos | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Santi recomenda…

O noso Kontacontos particular vai medrando pouco a pouco coas vosas aportacións.Cal será a recomendación de Santi? Prestade atención.

recomendación Santi from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Categorías: Kontacontos | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Alicia recomenda “Carabuñas”

Alicia trouxonos este conto humorístico publicado por OQO onde un monstro quere comer unha nena que é máis lista que a fame. É Carabuñas un relato de Margarita del Mazo con ilustracións de Charlotte Pardi que fala dunha case imposiblel amizade que xorde grazas á intelixencia dunha nena riseira e astuta.

Carabuñas from María Abilleira Pomar on Vimeo.

Categorías: Kontacontos | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Kontacontos: novo espazo de lectura

Iniciamos un novo espazo no blogue de Normalización: Kontacontos. Nel non só queremos ofertar todas aquelas publicacións que nos parecen interesantes a nos coma mestres senon que queremos recoller todas as vosas suxerencias. Porque ninguén mellor que os rapaces e as familias para recomendar todas aquelas historias que vos fan soñar. Agardamos con impaciencia poder engadir ao panel de Kontacontos as vosas recomendacións.Se queredes tamén podedes grabar un video na casa falando do libro que queredes recomendar destacando o título, autor e un pequeno resumo.

Aquí vos deixamos algúns títulos interesantes. Clicade na imaxe.

902_example

Categorías: Kontacontos | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.