📣Xa está aí o 🅴🅽🆃🆁🅾🅸🅳🅾 !🤡 Que gañas tiñamos de "ᖇOᗰᗩᑕᕼᗩ" . Ide preparando os disfraces e, senon queredes ir ao pote, facede caso das comandas do Meco.
Semana dos Mecos
A Meca e o Meco están este ano con ganas de troula e lanzáronnos un desafío. Cada día desta semana temos que traer algo que eles nos manden senon queremos caer no "pote" ou pagar unha prenda. Así: LUNS 24: Teremos que traer algo na cabeza. MARTES 25: Deberemos por calcetíns de distintas dores en... Seguir lendo →
Xoves de Compadres 2014
O XOVES DE COMPADRES LEVANTA O PANO DO ENTROIDO 2014 O Entroido, tamén chamado Antroido, Introido, Entruido, Entrudo, Entrudio, é un tempo de festas no que se lle da a volta aos papeis e valores normais mediante troulas, máscaras, sátiras... Uns días de rebeldía social. que inclúe diversas celebracións como o Xoves de Comadres e... Seguir lendo →
Encontro de vellos
Ola a todas e a todos: Aquí estamos os nenos e nenas de 6º cunha sorpresiña. Non sei se recordaredes que fai uns dous ou tres anos tivemos aquí neste mesmo escenario unha representación do Entroido dunha zona veciña: a comarca da Ulla. Viñéronnos visitar daquela os “xenerais” cos seus “encontros” e “atranques”. Pois ben,... Seguir lendo →
Entroido 2013
Menudo venres tivemos no cole. Este ano rachamos na festa do Entroido: unha morea de increíbles disfraces , rosca e chocolate ata encher e música e diversión ata cansar. E ademais unha sorpresa dos rapaces de 6º que lle sacaron as cores a máis dun profe. Pero esto último deixámolo para outra entrada porque as... Seguir lendo →
Xoves de Compadres
Chegou o turno de que as rapazas desafiaran aos rapaces. Preguntádevos como rematou todo. Ollade, ollade... animoto 360p from María Abilleira Pomar on Vimeo.
Máis recursos para o Entroido
A Secretaría Xeral de Política Lingüística informounos de que están á disposición dos centros educativos e equipos de dinamización da lingua galega novos materiais e recursos relacionados coa celebración do ENTROIDO. Podedes consultalos clicando na seguinte imaxe:
Actividades para o Entroido
É tempo de esmorga.Imos disfrutar deste Entroido cunha serie de interesantes Lims. Gracias a todos os seus creadores por compartir o seu traballo.Clicade na imaxe para acceder aos lims recollidos no blogue ACTIVIDADES LIM e .......disfrutade!!!!!
Xoves de Comadres
O O Entroido é celebrado en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, algúns pensan que vén da tradición celta, outros afirman cós comezos desta festa, pódense atopar na adoración a Baco ou Dionisos. Coa chegada do cristianismo, moitas das festas pagás, que eran antigamente celebradas foron tomadas e... Seguir lendo →