O pasado mércores 23 celebramos no centro o Día Internacional do libro.Como actividade central, preparamos unhas árbores moi especiais, unha por cada ciclo, para que os rapaces deixaran as súas recomendacións lectoras en forma de libros. Quedaron chulísimos!
E, para rematar, xa que estamos celebrando o centenario da publicación de “Platero y yo”, quixemos facer unha lectura conxunta do 1º capítulo desta obra de Juan Ramón Jiménez.Se queredes ler esta libro, o nosos amigo Biblo mercou varios exemplares para que os levedes a casa.
Este ano, en colaboración co Equipo de Biblioteca e os rapaces de 4º e 6º de Primaria, realizamos un telexornal para informar a todos os compañeiros e mestres do centro do porqué desta celebración. Ademais preparamos algunha sorpresiña máis que descubriredes ao ollar este adianto informativo.
Hai libros para ler, libros para aprender e libros para ser representados.
Co gallo do Día do Libro, dende Normalización, trouxemos a Forcarei un libro escrito polo noso veciño “Rochi” e representado pola compañía Viravolta que tivo a deferencia de representar en primicia este montaxe nos colexios de Forcarei e Soutelo. Dende este blog queremos darlle as gracias por facernos disfrutar dunha tarde agradable.
Par faceros a boca auga, aquí tendes o video promocional desta peza onde Rochi nos conta unha lenda sobre a construcción dunha ponte e da astucia duns arxinas para engañar ao demo. E que o” demo sabe máis por vello que por demo”.
Para “achancar” esta “romancha” “abismade” este video .
O Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.
As orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi (San Xurxo), cando era costume que os homes agasallasen as mulleres cunha rosa e estas o fixesen cun libro.
A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare.
“Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro” Emily Dickinson.
E ti… Por qué les?
Os nenos do colexio queren explicarvos as súas razóns para ler a través dun video realizado noso colexio.
Aqui tendes unha serie de actividades para traballar esta celebración na aula. Entre eles tendes este lim creado por Julia González G. do CEIP Mestre Goldar. Clicade na imaxe e atoparedes todos os recursos.
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
Esta é a páxina do equipo de Normalización Lingüística do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei. Dende aquí queremos mostrarvos o noso traballo, e todo o que teña que ver coa nosa lingua.Escollemos o nome de Arxineando pois queremos facer unha homenaxe a unha das profesións que levaron o nome do noso concello polo mundo adiante, os Arxinas ou canteiros.Esperamos que disfrutedes co noso traballo e recordade...Badulemos Gallufo!
Recursos para o Samaín
Recursos para o Día da Paz
Recursos para o Entroido
Audiovisuais en galego
Coordinadora Galega de equipos de Normalización e Dinamización Lingüística