Día da Paz

Palabras pola Paz

Gandhi_1944Mañá celebramos no cole  o Día Escolar pola PAZ e a Non- Violencia. Ademais, tal día fai xa 65 anos , morreu asasinado Mahatma Gandhi  defensor  do Satyagraha ou forma de protesta non violenta. O principio do Satyagraha, frecuentemente traducido como “o camiño da verdade” ou “a busca da verdade”, tamén inspirou xeracións de activistas democráticos e antirracistas, incluíndo Martin Luther King e Nelson Mandela.

Os rapaces de 6º, interesados por este persoeiro e activista, iniciaron unha pescuda para coñecer a outros defensores da PAZ dun xeito particular : xogando con “palabras pola paz”.

Un día chegaron ao cole e atoparon na parede unha serie de fotos, nomes e frases que tiñan que emparellar. Para elo, navegaron por Internet e, cando consegían unir tres tarxetas, iniciaban a recollida de información para facer unha pequena presentación aos seus compañeiros do que máis lle chamara a atención do seu personaxe.

Mañá, entre todos contarannos algo sobre Gandhi, Mandela, Dalai Lama e outras persoas que tanto loitaron por deixarnos un  mundo un pouco mellor do que eles atoparon. AQUÍ VOS QUEDA O RESULTADO DAS SÚAS PESQUISAS!!

Advertisements
Categorías: Día da Paz | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Recursos para o Día da Paz

dia_escolar_paz_2013Como cada ano, cando se achega o 30 de Xaneiro, Día Escolar pola Paz, data na que lembramos o aniversario do asasinato do Mahatma Gandhi (1948-2013), os colexios e institutos de Galicia  andan axitados na procura de recursos para organizar as actividades, de aula e de centro, que tradicionalmente preparan arredor desta efeméride ecopacifista recoñecida.

Aqui vos deixamos dous lims que atopados na rede para aprender xogando un pouco máis sobre esta celebración e o seu significado.

 

Lim creado por Belén Junquera para saber máis sobre a Paz en galego, castelán e inglés. Preme na imaxe.

limpaz2[1]

Lim creado por Julia González atopado no blogue O recanto de Mik.

Captura-de-pantalla-5

 

Outro lim de Belén Junquera para  os máis peques .

Captura-de-pantalla

Categorías: Día da Paz | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

A nena que non deixaban ser feliz

verkami_f68842cccdc4104f77f912e2aefc000e 

A nena que non deixaban ser feliz, de Luz Beloso e Miguel Ángel Alonso, segundo libro dos autores de O cullarapo croque que constituíu a primeira iniciativa de libro en galego a través de VERKAMI. Tivo unha marabillosa acollida entre lectores e crítica, sendo un dos libros máis vendidos en lingua galega na fería do libro de Vigo 2012.

 

 O crowdfunding é unha forma directa de financiar proxectos coa suma de achegas individuais. En verkami  os creadores independentes poden buscar financiamento para materializar as súas ideas. O seu público, convertido en mecenas, recibe recompensas exclusivas a cambio das súas achegas.

En verkami os creadores manteñen todos os dereitos sobre as súas obras, e ofrecen aos mecenas que lles axudan a financiar os seus proxectos recompensas en forma de creacións e produtos exclusivos, experiencias únicas, edicións limitadas, merchandising, acceso a descargas.

 

Se queres mercalo e facer realidade este proxecto preme nesta ligazón:

http://www.verkami.com/projects/4030-a-nena-a-que-non-deixaban-ser-feliz

 

Categorías: Día da Paz | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

A Pomba Dona Paz

No noso blogue queremos facer eco dunha recomendación lectora que fixo a nosa compañeira Gracia no seu blogue Trafegando Ronseis.

Estes días todos os mestres estamos a buscar materiais e recursos para argallar actividades para traballar o vindeiro 30 de Xaneiro o Día Escolar da Paz e da Non-violencia.A Pomba Dona Paz  de Ramón Caride con ilustracións de Pepe Carreiro (Ed. Xerais)  é unha boa escusa para introducir esta temática na aula. “O libro é, ante todo, unha mensaxe de esperanza dirixida aos máis pequenos e pequenas, posto que só eles e elas serán quen de cambiar este presente desolador que vivimos sen protestar: diferenzas sociais, pobreza versus riqueza, guerras, nenos traballadores, mulleres maltratadas, falta de respecto polo medio-ambiente… Os cartos mandan, de aí que a pomba da esperanza se apoie na infancia.”(Trafegando Ronseis)

XG00188101

    

      Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo.
Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa.
En conto o día amañece vai pasear moi cediño,
para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños.

Categorías: Día da Paz, Recomendacións lectoras | Etiquetas: , | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.