Arquivo por autores: ribote69

Son de aquí: Federico de la Peña

CaricaturaAínda que Federico non é nado na nosa terra o seu vencello con ela é fondo coma as raíces dun carballo. Por iso decidimos invitalo as nosas xornadas “Son de aquí” proxectando o seu documental “Amelia de  Terra de Montes” a través do cal descubrimos o seu amor pola nosa natureza.

Natural de Mondoñedo (Lugo) e residente en Pontevedra, Federico defínese como “naturista, productor e realizador audiovisual de documentais de natureza e etnográficos, educador ambiental e presentador de programas radiofónicos de temática medio ambiental” como reza na autobiografía que encabeza o seu blogue Federico de la Peña- Divulgación Audiovisual.

(Caricatura realizada por Fernando Ruibal “TTai”)

Ademais colabora nas revistas “Periplo” (INCAFO) e “Vida Silvestre” (ICONA) e foi gañador de diferentes premios como:

.Víctor López Seoane (1982)

. Ciudad de Pontevedra a los valores científicos (1983)

. Galicia de Micoloxía (1994)

. Prisma “Casa de las Ciencias” (1996)

. Ferpalia (2005)

. Prisma “Casa de las Ciencias” (2010)

Este ambicioso documental sobre a comarca de Terra de Montes permitiranos apreciar a fermosura dun lugar no que natureza e tradición permanecen inalteradas. Federico de la Peña será quen de amosarnos unha parte importante da vida animal e vexetal desta zona nun percorrido polas distintas estacións do ano, deténdose preferentemente no outono e na primavera. Neste camiño teremos a oportunidade, tamén, de ollar un tradicional aparello: o muíño, noutros tempos elemento de grande importancia económica e social.

É esta unha viaxe pola natureza de Terra de Montes da man de Amelia, unha anciá que vive soa e que serve de base para afondar nos valores paisaxísticos do lugar. Amelia achegaranos, así mesmo, vellas tradicións e lendas que aínda se manteñen vivas, contos que pasaron de xeración en xeración pero que corren o risco de se perder.

Tradición e modernidade mestúranse neste traballo: as novas xeracións, por unha banda, que foxen cara á cidade, e os vellos, pola outra, que se resisten a abandonar a súa aldea e a súa forma de vida. Amelia é, precisamente, unha desas anciás que elixiu pasar os seus últimos días soa pero na súa terra, na Terra de Montes.”

(Fuente: Deputación Pontevedra).

Contamos de novo coa presencia de Franciso Rozados “ROCHI” pois foi o asesor lingüÍstico deste proxecto. Despois de visualizar o documental veu a rolda de preguntas e, gracias as explicacións de Federico, descubrimos que tamén algúns dos animais que saían no video eran auténticos actores coma os xabarís Chelo e Carmen. Amelia é en realidade veciña dalgúns rapaces de 6º e que se convirtiu en actriz gracias ao casting de David Raposeiras,  pois o seu papel  ía ser para outra muller que falecera antes da rodaxe. Unha das tomas máis complicadas foi a das troitas que tivo a Federico cinco horas metido no río sen moverse cunhas botas dúas tallas máis pequenas. Ver a un ourizo cacho bocexando ou a unha águia cazando en paraxes tan coñecidos para todos nós fixo que o público non perdera detalle.
Aproveitamos para agradecerlles a ámbolos dous a súa desinteresada colaboración cun pequeno agasallo para que non se esqueceran de nós e arricámoslles o compromiso de vindeiras colaboracións.

pizap.com13684655382021

Advertisements
Categorías: Son de aquí | Etiquetas: ,,,, | 2 Comentarios

Estampas da memoria

O salón de actos do colexio converteuse durante unhas semanas nunha pequena galería fotográfica . Gracias á aportación de todas as familias, así como do fondo fotográfico co que conta o noso centro, montamos unha exposición que trata de recoller a vida no noso concello nos últimos 50 anos.

Categorías: Estampas da memoria, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Os Maios

“Os maios” é unha celebración que se fai nalgunhas zonas de Galicia, sobre todo no sur; no norte son de destacar os que se celebran en Pontedeume e Viveiro.
Festéxase a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos; a data de celebración vai desde abril ata mediados de maio.
Maios
Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc… Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do “maio”.
Hoxe en día, ademais da forma tradicional, intentan imitar casas, castelos, cruceiros, murallas, etc…

Outro orixinal deseñoMuralla feita cos ramosRemate doutro maio

Algunhas cantigas eran:


Escoiten nosos señores
o que lles imos cantar:
as copras que tran “Os maios”
floridos hastra namáis.
Estén todos moi atentos
que imos escomenzar,
deprendan o que cantamos
axúdennos ó acabar.
Cantar, cantarlle ó “maio” florido.
Cantar, cantarlle unha vez máis.
Cantar, cantarlle ó “maio” garrido.
Cantar, cantarlle así sen parar.
Vede como se celebrou e se segue celebrando Os Maios na capital da nosa provincia.
Categorías: Os Maios | Etiquetas: , | Deixar un comentario

O “Legún” da Poesía

Dende que no ano 2001 a Unesco declarase o 21 de marzo Día Internacional da Poesía, vense celebrando cada ano actos en diferentes latitudes do planeta con numerosos eventos e lecturas múltiples.Co gallo de celebrar a PRIMAVERA DOS POETAS, como se coñece a este día en Europa, no colexio preparáronse diversas actividades. Cada curso escolleu unha poesía para ser recitada, cantada ou bailada. A idea era amosar diferentes formas de facer poesía.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que son capaces de facer os nosos alumnos. Non están todos os que teñen que estar debido pequenos problemos técnicos pero gracias a todos por facernos pasar unha tarde poética tan especial.

Categorías: O Legún da Poesía | Etiquetas: , | Deixar un comentario

Xa chegou o día

Hai libros para ler, libros para aprender e libros para ser representados.

Co gallo do Día do Libro, dende Normalización, trouxemos a Forcarei un libro escrito polo noso veciño “Rochi” e representado pola compañía Viravolta que tivo a deferencia de representar  en primicia este montaxe nos colexios de Forcarei e Soutelo. Dende este blog queremos darlle as gracias por facernos disfrutar dunha tarde agradable.

Par faceros a boca auga, aquí tendes o video promocional desta peza onde Rochi nos conta unha lenda sobre a construcción dunha ponte e da astucia duns arxinas para engañar ao demo. E que o” demo sabe máis por vello que por demo”.

Para “achancar” esta “romancha” “abismade” este video .

Categorías: Día do Libro | Etiquetas: | Deixar un comentario

O Arxina e o Felo

O vindeiro 25 de abril a compañia de títeres Viravolta de Lalín vai representar a obra de Francisco Rozados “Rochi” titulada O Arxina e o Felo que, no verbo dos arxinas, ven a ser O canteiro e o Demo.

Aquí vos deixo un tríptico para que vaiades entrando en materia.

Image

Ademáis, “Rochi” é tamén o autor da unidade didáctica  “Os canteiros-A memoria da pedra”, sobre o oficio dos canteiros e o seu latín:

Categorías: O Arxina e o Felo, O máis xido dos arxinas | Etiquetas: , | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.