Arquivo por autores: patricialopezrodriguez

MARUJA MALLO E O SURREALISMO

O ano pasado fixemos un traballo na aula de PT, da gran poetisa galega Rosalía de Castro e este ano decidimos facerlle unha homenaxe á pintora galega surrealista Maruja Mallo. Con ela, aprendemos un montón de cousas e coñecemos moita xente interesante…

Advertisements
Categorías: O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

HUGO RECOMENDA…

Hugo, da aula de 2º de Educación Primaria, recoméndanos un libro de Xelís de Toro, titulado “O robot que toleu”, ilustrado por Andrés Meixide. Os protagonistas son Pacopeco Pequeneiro e o seu robot… unha historia divertida con moita rima!

Categorías: Recomendacións lectoras | Deixar un comentario

POR UN PEIXE…

Non sabedes o ben que contamos os contos na aula de PT! Aquí tedes a proba, un conto que fixemos entre todos de amizade e paz.

Categorías: Día da Paz | Etiquetas: , | Deixar un comentario

A árbore dos bicos

O ano pasado, na aula de PT, convertemos a nosa árbore, nunha árbore de desexos, pero este ano decidimos que fose unha árbore de bicos! Bicos para todas as persoas que este Nadal estarán lonxe de nós e que imos botar de menos…

Categorías: Nadal | Deixar un comentario

XII Festa Etnográfica Raigame

Día das Letras Galegas, 17 de Maio de 2013

Dende o inicio da xornada, as rúas e prazas de Vilanova dos Infantes, na vila de Celanova, provincia de Ourense, convértense nun bulideiro de actividades, que teñen como principal obxectivo a exaltación das nosas tradicións: música e baile, oficios tradicionais, monicreques e saltimbanquis, xogos populares e exposicións etnolóxicas, e fan que por un día, a cultura tradicional do noso país reviva e se converta no centro de atención dun público de todas as idades.

Categorías: Letras Galegas 2013 | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Brígida, a nosa fiandeira

Brígida, a avoa de Seraina, foi fiandeira, e como as alumnas e os alumnos de 6º estamos a traballar este oficio tradicional, invitámola a nosa aula para que nos contara, de primeira man, un montón de cousiñas interesantes; ademáis, é unha pandereteira fantástica!

 

FIANDEIRA 2 from Patricia López Rodríguez on Vimeo.

Categorías: Os oficios, Proxecto Documental Integrado | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

GLORIA FUERTES EN GALEGO

Este ano na aula de PT, está de moda a poesía… Primeiro tocoulle o turno a Rosalía de Castro, e agora a Gloria Fuertes. Aquí tedes un video que resume un pouquiño o noso traballo, que foi moito!.

Aínda que Gloria Fuertes non escribía en galego, nós fixemos unha tradución do seu poema “La pata mete la pata”, e así, poder traballar no noso idioma.

Desexamos que vos guste!

Categorías: O máis xido dos arxinas | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

XOGAMOS CO AMIGO P

Estás comezando a ler? Pois aquí vos deixamos un LIM para que practiquedes co amigo P…

Esperamos que vos guste!

Captura-de-pantalla

Categorías: Lims | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.