Onte celebramos o acto de conmemoración das Letras Galegas. Como xa fixemos o ano pasado, non quixemos festexar esta data cun acto de “portas adentro” polo que, todo o cole subimos andando ata a praza do concello de Forcarei para compartir coas familias e veciñanza a nosa pequena homenaxe ás Letras e Francisco Fernández del Riego.
Durante o recorrido deixamos nos locais comerciais uns carteis informativos coas actividades relaizads no centro que poden ser consultadas a través de códigos QR e, ao remate o alumnado repartiu unhas chapas que realizaron durante a semana nun taller na biblioteca entre todos os asitentes.
Recordamos a todos os homenaxeados durante estes 60 anos de celebracións; presentamos a figura de Francisco Fernández del Riego; lemos poemas e cantamos acanción preferida de Don Paco, “A Miña Burriña”.
Asemade estivemos todo o mes traballando duro para aprender sobre o tema que nos ocupa. Como xa vos contamos noutras entradas, a profe Natalia realizou dous recursos moi interesantes sobre a biografía (enlace á publicación) e o léxico relacionado coas receitas e os seus ingredientes (enlace á publicación). Asemade, a profe Eva e os seus pupilos de 3º , imitando o traballo de “Don Paco”, crearon un “Dicionario galego- castelá. Peixes e mariscos-galegos”.(enlace á publicación)
-En Infantil estivo a mestra Susana dirixindo a creación dun recurso informativo sobre o autor ao que se lle dedican as Letras Galegas. Todo o alumnado de infantil aproveitou as posibilidades da ferramenta H5P, para crear un recurso cheo de información sobre Don Paco, autor ao que se lle dedican as Letras Galegas 2023, e respectar os principios DUA (múltiples formas de representación: audio, texto, imaxes,…).(enlace á publicación no bloque da nosa biblioteca)
-De primeiro a cuarto, as tres mestras tiveron ideas parecidas para levar a cabo en Plástica: colorear a caricatura do autor(realizada polo mestre David González), facer un retrato e encher coa técnica de puntillismo un debuxo de Francisco.




-Todo o cole colaborou coa realización do libro “60 anos de Letras”, coordinado por Biblioteca e Dinamización, onde se recollen todos os autores e autoras homenaxeados ata o momento.
Algunha “cousiña” nos queda no tinteiro pero por hoxe, ata aquí.
Deixar unha resposta