O bosque animado é o gran libro da Fraga de Cecebre, situada no concello de Cambre, preto da Coruña. Nestas páxinas vibrantes, Fernández Flórez narra as historias pequenas dos habitantes da fraga: Fendetestas, Xeraldo, Hermelinda, Pilara, Marica etc. Mais tamén dos aparecidos ou fantasmas que pasean polo bosque: a alma en pena de Fiz Cotobelo e por suposto de Hu-Hu e as súas moscas, do clan dos gatos ceibes, ou das árbores que cren que un poste de telégrafos é unha compañeira delas
A Comisión de Teatro do CEIP Emilia Pardo Bazán da Coruña en colaboración co EDLG e EACE deste centro propón unha interesante actividade sobre o libro O bosque animado, de Wenceslao Fernández Flórez, obra traducida ao galego por Xela Arias para rapaces de 10 a 12 anos.
O material inclúe:
1. Recursos de O bosque animado, en formato Calameo.
2. Recursos de O bosque animado, en PDF.
3. Vocabulario de O bosque animado, en PDF.
4. Rodicio con actividades interactivas, en formato genially, con vocabulario de O bosque animado.
Deixar unha resposta