O xoves , 11 de maio, visitounos, da man no noso mestre de música Toño, o artesán Pablo Seoane para falarnos de instrumentos de música tradicionais galegos.
Aproveitamos para cumprir, con esta visita, varios obxectivos do noso plan de dinamización da Lingua galega como son:
-Recuperar e conservar as tradicións da nosa terra e así contribuír á conservación de tradicións, técnicas, usos, costumes e saberes.
-Aumentar o coñecemento da nosa comunidade galega, facendo especial fincapé, por unha banda, en personaxes ilustres: escritores e escritoras, festas tradicionais e folclore popular e, por outra, ás novas correntes culturais e artistas
emerxentes.

Foi unha sesión ben interesante na que aprendemos moitas cousas. Graciñas,
Pablo!!
Deixar unha resposta