Coa intención de ofrecer unha alternativa ao lecer dixital, o centro organizará o vindeiro día 13 un obradoiro práctico aberto a toda a comunidade educativa para coñecer novas formas de gozar e de aprender. Durante 2 horas nas que todos xogaremos , explicarase como extraer os potenciais de aprendizaxe dos diferentes xogos para ver todas as súas posibilidades tanto en Infantil como en Primaria e ofrecerase unha interesante colección para aprender en familia. Animádevos!!!
Deixar unha resposta