ᗪíᗩ ᗪE ᖇOᔕᗩᒪíᗩ


O pasado 17 de xaneiro a Fundación Rosalía de Castro convocou a diversas entidades culturais e educativas relacionadas co Día de Rosalía para acordar as celebracións deste aniversario e, como resultado consensuado, acordouse mudar a data de celebración do día da poetisa galega ao 23 de febreiro . Este cambio prodúcese despois de que a investigadora galega Sagrario Abelleira revelase o pasado ano nova documentación que acredita a data de nacemento real nese día, dando a coñecer ademais datos inéditos sobre a vida da nosa autora máis recoñecida e da do seu home, Manuel Murguía.

Como o día está moi próximo, e seguro que todos andamos a darlle voltas a cabeza para deseñar actividades que estean á altura de tan ilustre persoeiro das nosas letras, compartimos material que nos achega a coordinadora de EDLG.

-Díptico do Día de Rosalía e unidades didácticas para Ed. Infantil e cada un dos ciclos de Ed. Primaria. Formato PDF (Arquivo adxunto)

-Unidades didácticas para Ed. Infantil e cada un dos ciclos de Ed. Primaria. Formato Calameo.
UD. Infantil: https://es.calameo.com/read/00670476639e85dc9afc7
UD 1º ciclo EP: https://es.calameo.com/read/006704766eb12b05c836e
UD 2º ciclo EP: https://es.calameo.com/read/006704766be13afdee92e
UD 3º ciclo EP: https://es.calameo.com/read/0067047662f0e4b46eb4c

-Rosalía de Castro. Biografía. Actividades intereactivas en formato Genially:
https://view.genial.ly/5ff75e8bc217200ce77cc6d5

-Que sabes de Rosalía de Castro? O rosco de Rosalía. Actividades interactivas en formato Genially:
https://view.genial.ly/61ef0aca2dd7bf001347b1be

Categorías: 24 Febreiro:Rosalía de Castro | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Navegación de artigos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: