🅲
🅽🆃
🆂 🅳🅴 🆁🅴🅸🆂
Mais aló do escintileo das luces das rúas e do espírito consumista que nos poida posuír , os 𝓬𝓪𝓷𝓽𝓪𝓻𝓮𝓼 𝓭𝓮 𝓻𝓮𝓲𝓼 ou 𝒂𝒈𝒖𝒊𝒏𝒂𝒍𝒅𝒐𝒔 conseguen espertar en todos nós a ilusión do neno que levamos no noso interior.
Como marca a tradición, a véspera de reis os “𝐫𝐞𝐬𝐞𝐢𝐫𝐨𝐬” reúnense novamente para cantar e bailar polas rúas pedindo sempre permiso ou licenza para cantar nas casas.
“De lonxe viñemos
os que aquí chegamos,
se nos dan licenza
os Reises cantamos.
Os Reises cantamos pedindo aguinaldo
chourizas, touciño pra face-lo caldo.
Pra face-lo caldo, pra face-lo caldo,
chourizas, touciño pedindo o aguinaldo.”
Os cantos adoitan rematar cunha estrofa de loubanza ós da casa onde se cantaba en caso de obte-lo aguinaldo desexado. Pero tende moito coidado porque, en caso contrario, farase saber ós veciños quen estaba menos disposto a comparti-los seus alimentos.
“Cantámosche os Reises
do quiquiriquí
se non nos das nada
caghámosche aquí.”
A troula non remata aquí xa que stades convidados a danzar ao son dunha xota ou unha muiñeira.
Ide preparando o aguinaldo porque uns reseiros moi especiais están a piques de chamar ás vosas portas