C͓̽o͓̽n͓̽c͓̽e͓̽r͓̽t͓̽o͓̽ ͓̽d͓̽e͓̽ ͓̽A͓̽n͓̽i͓̽n͓̽o͓̽v͓̽o͓̽
Do mesmo xeito que non podemos pensar nunha noite de Aninovo sen uvas e festa, non podemos concibir un inicio de ano sen o tradicional concerto de Aninovo.
Os nosos músicos xa teñen os instrumentos perfectamente afinados a pesares de levar xa uns días de troula e os nervios xa empezan a aflorar. Pero antes de comezar, un par de curiosidades sobre este gran espectáculo musical…….
O tradicional concerto celébrase sempre no mesmo lugar, na Sᴀʟᴀ Dᴏᴜʀᴀᴅᴀ da 𝐌𝐮𝐬𝐢𝐤𝐯𝐞𝐫𝐞𝐢𝐧 𝐝𝐞 𝐕𝐢𝐞𝐧𝐚 , Austria, e somente é interpretado pola Orquestra Filarmónica de Viena, unha das mellores orquestras do mundo onde é bastante difícil entrar.
Ademais de celebrarse o día de 𝑨𝒏𝒊𝒏𝒐𝒗𝒐 interprétase tamén o mesmo programa (o establecido ese ano, enténdese) o
de decembro (día en que se celebra o ‘ensaio xeral’) e o
de decembro nun acto chamado 𝓒𝓸𝓷𝓬𝓮𝓻𝓽𝓸 𝓭𝓮 𝓢𝓪𝓷 𝓢𝓲𝓵𝓿𝓮𝓼𝓽𝓻𝓮 (Sylvesterkonzert).
Celebrouse por primeira vez en 𝟏𝟗𝟑𝟗 e foi dirixido por 𝑪𝒍𝒆𝒎𝒆𝒏𝒔 𝑲𝒓𝒂𝒖𝒔𝒔 . Ese ano só se interpretaron obras de 𝑱𝒐𝒉𝒂𝒏 𝑺𝒕𝒓𝒂𝒖𝒔𝒔(fillo). O seguinte celebraríase en 𝟏𝟗𝟒𝟏 e no ano 1945 veríase interrompido pola II Guerra Mundial. En 1958, o director Willi Boskovsky introduciu a tradición de acabar o concerto co 𝘿𝙖𝙣𝙪𝙗𝙞𝙤 𝘼𝙯𝙪𝙡 e a 𝓜𝓪𝓻𝓬𝓱𝓪 𝓡𝓪𝓭𝓮𝓽𝔃𝓴𝔂.
Johann Strauss pai compuxo a moi famosa Marcha Radetzky en honra dun xeneral austriaco que, a mediados do século XIX, machucou sen piedade aos revolucionarios do norte de Italia. Pero isto non supuxo un obstáculo para que todos os días 1 𝓭𝓮 𝔁𝓪𝓷𝓮𝓲𝓻𝓸 a Marcha Radetzky suscite sentimentos de 𝕝𝕖𝕕𝕚𝕔𝕚𝕒, 𝘦𝘴𝘱𝘦𝘳𝘢𝘯𝘻𝘢 no futuro e 𝗀𝖺𝗇𝖺𝗌 𝖽𝖾 𝗏𝗂𝗏𝗂𝗋 en centos de millóns de persoas que seguen o concerto de Aninovo desde 𝟱𝟰 países.
SEÑORAS E SEÑORES, O CONCERTO ESTÁ A PIQUES DE COMEZAR…TOMEN ASENTO E GOCEN COA MÚSICA.