A poucas horas do fin de ano, resultaba habitual que os 𝒃𝒂𝒏𝒅𝒊𝒏̃𝒐𝒔 ou 𝓬𝓾𝓪𝓭𝓻𝓲𝓵𝓵𝓪𝓼 de mozos e mozas comezaran a percorrer as vilas e aldeas cos seus cantos acompañados dun gaiteiro ademais das percusións co bombo, tamboril e os denominados instrumentos humildes, cunchas, tarrañolas, piñas, e calquera dos que se poden atopar facilmente nas casas de aldea.(Cantos de Nadal, Aninovo e Reis. A.C.F. O Fiadeiro)
O noso bandiño de 𝟱º 𝗱𝗲 𝗣𝗿𝗶𝗺𝗮𝗿𝗶𝗮 xa ten a súa percusión preparada para festexar, troulear e brindar polo que foi e polo que será cheos de esperanza e ilusión.
Despedida de ano vello
entradiña daninovo
os señores desta casa
os conten con moito gozo!
Viva!, berran os gaiteiros,
que viñeron a tocar,
ó Neno, recén nacido,
entre as pallas dun portal.
Ano de festas que naces!
o pasado xa pasou!
A primaveira enverdece
o xardin que se marchou!
Ano novo, vida nova!
ano novo, qué traerás?
o vello sospiros leva,
o novo xa os traerá.
(Despedida de ano vello: Fuxan Os Ventos)
🅵🅴🅻🅸🆉 🅽🅸🅽
🆅