Houbo un tempo en que foi tradición habitual nas nosas parroquias ir cantar polas casas nestas festas de Nadal. Grupos de mozas e de mozos percorrían a aldea ou parroquia cantando panxoliñas, cantos de Nadal e cantares de Reis, todas elas fermosas pezas de literatura popular que foron transmitidas oralmente ó longo dos séculos.
O día de hoxe, Noite Boa, á saída da Misa do Galo, os mozos percorrían a aldea cantando “panxoliñas” ou “nadais” e, a cambio do seu cantar, a mocidade solicitaba o aguinaldo
, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc.), que despois consumían todos xuntos facendo unha festa ou foliada. (Blog:A sombra de Bouza Panda)
Os alumnos e alumnas do CEIP Nosa Señora das Dores teñen ganas de troula e de continuar coa tradición, asi que tende preparado o aguinaldo porque esto promete.
𝔹𝕆 ℕ𝔸𝔻𝔸𝕃