Arquivos mensuais: Maio 2020

Letras Gallufas 2020

Esta semana festexamos o días das Letras, das nosas, das galegas. Esta celebración constituíuse en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear aquelas persoas que destacasen pola creación literaria en galego ou pola defensa de dita lingua.

A crise do coronavirus obrigou a aprazar a celebración do Día das Letras Galegas ata o mes de outubro. Ricardo Carvalho Calero terá a súa homenaxe nunha medida inédita e sen precedentes o 31 de outubro.

Dende o centro non nos queremos esquecer desta figura e na páxina web fixemos unha escolma cos recursos que coñecemos arredor da súa figura, para que coñezades máis de cerca a este filólogo, escritor e profesor.

Empezaremos cuns personaxes ben coñecidos por todos nós, os Bolechas. Da man da editorial Bolanda, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística puxeron a disposición un novo volume de “As miñas primeiras Letras Galegas” dedicado a Ricardo Carvalho Calero.

Seminario Galán

 

Proxecto Educativo: As pitas baixo a choiva.

Coordinadora das equipos de Normalización Lingüística de Ferrolterra

 

Primavera das Letras

Xogos interactivos sobre a figura de Ricardo Carvalho Calero

 

 

Categorías: Letras Galegas 2020 | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.