Como ben sabedes, este curso mergullámonos na nosa biblioteca para navegar polos mares e océanos do mundo, pero esta vez tivemos uns compañeiros excepcionais:o alumnado e profesorado do CEIP Soutelo de Montes.
O produto final do traballo conxunto dos dous centros foi unha exposición común que tivo lugar no CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei, chamada:
O mércores 12 inauguramos a exposición e realizamos diversos talleres: flotabilidade, manualidades, papiroflexia, marcapáxinas, nudos mariñeiros…
Os días 13 e 14 a exposición estivo aberta a toda a comunidade educativa.
Como xa vos explicamos o traballo partiu da biblioteca e do libro: 20.000 leguas baixo dos mares
Aquí vos deixamos o enlace que saíu publicado no FARO DE VIGO:
A continuación podedes ver un vídeo(realizado polo cole de Soutelo) con imaxes da exposición o día da inauguración:
E aquí vos deixamos outro(realizado polo cole de Soutelo) con imaxes dos talleres que fixemos ese mesmo día: