No día de hoxe celebrouse no auditorio de Cerdedo un acto de clausura do Plan de Formación Intercentros. Os alumnos e mestres dos tres centros presentaron os traballos que realizaron ao longo do curso 2017-18 no marco do proxecto “Unha tarefa integrada: Contacontos por un dia”.
O CEIP San Xoan Bautista presentou Son de auga e pedra, un traballo arredor dos muiños e o seu funcionamento. O CEIP Soutelo de Montes presentou a Peregrinaxe pola senda do Lérez grazas a unha maqueta e unha curtametraxe cun curioso fraile como fío conductor.
O noso cole, o CEIP Nosa Señora das Dores, investigou sobre a música e todo o que o rodea para a creación ducha curtametraxe partindo do conto de Pablo Nogueira e Magoia Bodega, O Conto da Muiñeira de Chantada.