A pasada semana os alumnos e alumnas de Educación Infantil visitaron as instalacións de Apípolis en Xeve onde coñeceron de primeira man o mundo das abellas e a súa importancia no noso ecosistema.
A pasada semana os alumnos e alumnas de Educación Infantil visitaron as instalacións de Apípolis en Xeve onde coñeceron de primeira man o mundo das abellas e a súa importancia no noso ecosistema.
O CEIP Nosa Señora das Dores quixo sumarse á campaña de concienciación da Síndrome de Down que se celebrou o día 21. Para elo propuxémoslle a todos os rapaces e mestres que, para visibilizar o noso apoio viñeran todos e todas con calcetíns desemparellados.
Cremos que calquer pequeno xesto que poidamos aportar crea unha mensaxe “positiva” e aumenta a conciencia de tod@s cara este trastorno.
#todossomosigualestodossomosdiferentes
Cantos calcetín desemparellado!! Recordade que esta iniciativa parte da campaña deste ano 2018 para axudar á inclusión das personas con Síndrome de Down dunha maneira divertida. #Auténticos.
Baixo o lema “Quérote máis” enchemos o colexio de globos, cores, pombas e mensaxes de amor e de respecto, tan importante hoxe en día.
Grazas a todos os mestres e os cativos e cativas pola súa disposición na realización das tarefas que se lle propoñen.
O curso de 2° de primaria organizou un taller de cociña. Desprazàronse ao supermercado para facer a compra dos ingredientes e no cole elaboraron unha deliciosa receita de magdalenas. Foi unha maneira moi divertida de traballar doutro xeito as matemáticas ( unidades de medida, operacións,moedas ..) aplicadas á vida cotià.
Agradecemos ao Supermercado Claudio e a Empresa a Montañesa a súa colaboración.