Animación en plastilina baseada nun relato de Ánxel Fole. Na noite de defuntos, nunha aldea galega, unha rapaza foxe da súa casa para escapar co seu mozo e prometérense amor eterno. Esa mesma noite os veciños escoitan unhas misteriosas voces que falan en castelán no cemiterio.
Levábamos xa uns anos dándolle voltas a idea de facer unha recopilación de contos, cantigas refráns e lendas da nosa bisbarra pero nunca atopábamos o momento. Despois do éxito do libro viaxeiro de Gloria Fuertes, decidimos que este era o momento.
O Equipo de Normalización é consciente de que a tradición oral da nosa terra estase a perder e con ela, parte importante da nosa identidade. Para que isto non siga así, propoxémoslles as familias un novo libro colaborativo no que, coa a súa axuda, os rapaces puideran recopilar o máximo de pezas posibles da nosa tradición para que no futuro os nosos cativos poidan ter acceso a todas estas manifestacións culturais que retratan dun xeito magnífico a nosa terra e a súa riqueza cultural.Asemade, pedímoslle a colaboración do Equipo de Biblioteca para que incluira nas Mochilas Viaxeiras a nosa proposta.
As mochilas partiron xa fai 15 días e xa temos algún traballo realizado como o de Inés e Candela de 5º de Primaria que entrevistaron a Eladina Castro Martínez, unha muller de Guisande (San Miguel de Presqueiras) que, con 96 anos ,ten unha memoria prodixiosa. Darlle as gracias dende aquí a ela e a súa familia pola súa colaboración.
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
Esta é a páxina do equipo de Normalización Lingüística do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei. Dende aquí queremos mostrarvos o noso traballo, e todo o que teña que ver coa nosa lingua.Escollemos o nome de Arxineando pois queremos facer unha homenaxe a unha das profesións que levaron o nome do noso concello polo mundo adiante, os Arxinas ou canteiros.Esperamos que disfrutedes co noso traballo e recordade...Badulemos Gallufo!
Recursos para o Samaín
Recursos para o Día da Paz
Recursos para o Entroido
Audiovisuais en galego
Coordinadora Galega de equipos de Normalización e Dinamización Lingüística