O pasado mércores 23 celebramos no centro o Día Internacional do libro.Como actividade central, preparamos unhas árbores moi especiais, unha por cada ciclo, para que os rapaces deixaran as súas recomendacións lectoras en forma de libros. Quedaron chulísimos! E, para rematar, xa que estamos celebrando o centenario da publicación de "Platero y yo", quixemos facer... Seguir lendo →
HUGO RECOMENDA…
Hugo, da aula de 2º de Educación Primaria, recoméndanos un libro de Xelís de Toro, titulado "O robot que toleu", ilustrado por Andrés Meixide. Os protagonistas son Pacopeco Pequeneiro e o seu robot... unha historia divertida con moita rima!
Telexornal especial: Día do Libro
Este ano, en colaboración co Equipo de Biblioteca e os rapaces de 4º e 6º de Primaria, realizamos un telexornal para informar a todos os compañeiros e mestres do centro do porqué desta celebración. Ademais preparamos algunha sorpresiña máis que descubriredes ao ollar este adianto informativo.
Ano Internacional da Agricultura Familiar
Co lema "Alimentar ao mundo, coidar o planeta", a ONU adícalle este ano a agricultura familiar pois considera que os agricultores familiares xogan un importante papel na mitigación da fame e a pobreza, a seguridade alimentaria e a nutrición, para mellorar os medios de vida, a xestión dos recursos naturais, a protección do medio ambiente ... Seguir lendo →