E así, da man, gocemos do pracer de atopar este lugar de soño onde reina a …. PAZ.
Arquivos mensuais: Xaneiro 2014
Recursos para o Día Escolar da Non Violencia e a Paz
Lecturas para a Paz
Durante estes días os rapaces do centro poden gozar dunha escolma de libros como anticipo da Semana da Paz que está a organizar a Biblioteca e o Equipo de Normalización do 3 ao 6 de Febreiro.Esperamos que este segundo ciclo temático que abordamos neste curso como proposta de ámbolos dous equipos teña o mesmo éxito que o primeiro.
Aquí vos deixamos algunhas destas recomendacións.
Sabela recomenda…
A nosa compañeira Sabela, de 4º curso, recomendounos esta semana un libro da editorial OQO titulado A VODA DO GALO PINTO.
Narra os días anteriores á voda entre o galo Pinto e Xiana e como ela descobre grazas a unha boa amiga, que non ten boa sona, as verdadeiras intencións de Pinto.
Afortunadamente Xiana coñece o egoismo de Pinto cando aínda é tempo.
O autor do novo álbum da Colección O de OQO editora é Juan Alfonso Belmontes, quen a partir dos encontros e desencontros dos tres personaxes principais (o Galo Pinto, Xiana e a raposa da matogueira) vai tecendo unha singular historia de amor na que tampouco faltan os celos, as penas, os enganos ou a cobiza… Con estes ingredientes a emoción está garantida, e entre enredo e enredo o autor convídanos a que reflexionemos con el sobre os sentimentos.
A árbore dos bicos
O ano pasado, na aula de PT, convertemos a nosa árbore, nunha árbore de desexos, pero este ano decidimos que fose unha árbore de bicos! Bicos para todas as persoas que este Nadal estarán lonxe de nós e que imos botar de menos…