Dende este mércores 23 ata o mércores 30, a biblioteca do centro está a organizar unha semana de relatos de medo. De forma voluntaria, os mestres e rapaces prepararon unha serie de contos e relatos relacionados co Samaín para amenizar o tempo do recreo .
Este venres, os rapaces e rapazas de 5º léronnos un dos contos que se atopan na exposición de libros que o Equipo de Biblioteca realizou para entreternos estes días chuviosos durante as horas de lecer no cole. “A figueira de Pelostortos” da Editorial OQO e escrito por Ana Gª Castellanos tívonos en suspense ata o final.
A posta en escena foi increíble, sobre todo os efectos especiais ! Parabéns a todos!