Arquivos mensuais: Xuño 2013
Gañadores de Nós tamén creamos 2013
Xa hai gañadores!!! Parabéns a tod@s os gañadores
e a tod@s os que participaron nesta edición!
ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO DE EDUCACION INFANTIL
CEIP Víctor López Seoane “A Escaleira”
ALUMNADO DO PRIMEIRO CICLO DE EDUCACION PRIMARIA
CEIP A Lama “A Escaleira”
ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO DE EDUCACION PRIMARIA
CEIP de Merza “Troco”
CEIP de Leirado “Ernesto Bo Día”
A gran calidade dos traballos presentados motivou que a comisión de valoración acordase realizar mencións especiais en cada categoría:
ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL
A noite das mudanzas, CEIP Bergantiños, Carballo, A Coruña. Pola expresividade e espontaneidade lingüística e mais pola composición estética.
Pilú Pilú, CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira, Ferrol, A Coruña. Pola adaptación musical e a orixinalidade plástica.
ALUMNADO DO PRIMEIRO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
A escaleira, CPI Cabo da Area, Laxe, A Coruña. Pola adaptación da obra orixinal.
ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Ernesto Bo Día, CEE Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra. Pola calidade plástica e estética
E non queremos esquecer premiar aos rapaces de 5 anos do noso centro polo seu magnífico corto Pilú Pilú. Noraboa!!!1
Todo un éxito
Hoxe gozamos dunha tarde moi especial gracias a presencia dos pais e nais que quixeron compartir conosco unha xornada de portas abertas na que puideron disfrutar dos traballos que os rapaces e rapazas do noso centro realizaron para a PDI proposta pola nosa Biblioteca. Agradecer a todos os mestres e mestras que con tanta ilusión prepararon a exposición e as familias polo esforzo que fixeron para vir. Esperamos que disfrutarades tanto como nós fixemos realizando estes traballos.
Mostra da PDI sobre os oficios tradicionais from María Abilleira Pomar on Vimeo.
Xornada de portas abertas
Como peche do Proxecto Documental Integrado sobre os oficios tradicionais proposto pola Biblioteca, mañá luns 10 de xuño, terá lugar unha xornada de portas abertas a que estades todos invitados. A cita dará comezo ás 15:30 h. no salón de actos do colexio coa proxección e exposixión dos traballos realizados polos nenos durante este curso.
Agradecer de antemán a vosa asistencia e felicitar a todos os mestres polo seu esforzo na preparación desta xornada e pola calidade dos traballos realizados.Ademais, expoñeremos os libros colaborativos realizados polos rapaces do colexio para o Proxecto Colaborativo Libro Virtual Gloria Fuertes no que participamos activamente durante este curso seguindo o camiño iniciado o ano pasado coa participación dos alumnos de 6º e 4º de Primaaria no Proxecto Colaborativo Libro Virtual Federico García Lorca .
Ana recomenda
A nosa compañeira Ana da clase de 4º trouxo xa vai varios días un libro para recomendar titulado “Noite de Reis en Kalpankalá” de Xosé A. Perozo. Neste Papá Noel e os Reis Magos son víctimas dun estraño roubo…. pero se queredes saber que é o que pasa non esperedes ao próximo Nadal para descubrilo. Pode ser unha boa lectura para refrescar as tardes de calor veraniegas.
Ana recomenda… from María Abilleira Pomar on Vimeo.
A leiteira
Quedábanos pendente este conto que os rapaces de 3 e 4 anos ilustraron e narraron para a presentación que fixeron do traballo para a PDI: Os oficios tradicionais. Xa solventados os problemas técnicos agardamos que disfrutedes tanto deste video coma nós!
A leiteira from María Abilleira Pomar on Vimeo.